Actualizado 05/06/2023: Convocatoria selección personal TR351F 2023. Persoal de servizos de mantemento xeral 2023

Nos vindeiros días publicarase a oferta de emprego na Oficina do Servizo Público de Emprego para a contratación do seguinte persoal:

3 peóns e 2 oficiais con xornada ao 75% durante 9 meses, baixo a modalidade de contrato de traballo temporal para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral 505.

  • Requisito obrigatorio:  Ser perceptor da renda de integración social de Galicia (RISGA)
  • Selección de candidatos: Oferta no Servizo Público de Emprego.
  • Requisitos específicos: Os establecidos na Orde do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (RISGA), e se aproba a súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 22 do 1 de febreiro de 2023).

Actualizado 23/05/2023

Bases proceso selectivo contratación de persoal de servizos de mantemento xeral 2023.

TR351F 2023

Actualizado 30/05/2023

Publicación relación de candidatos remitidos pola oficina de emprego e apertura prazo de tres días hábiles para presentar solicitude de participación no proceso.

Actualizado 05/06/2023

Proceso selectivo TR351F  – Persoal de servizos de mantemento xeral 2023

Deixa un comentario

TurismoCee