ITV en Cee. Xaneiro 2017

ITV en Cee para turismos, ciclomotores e maquinaria agrícola.

A unidade móbil de inspección técnica de turimos, ciclomotores e maquinaria agrícola estará en Cee, no lugar habitual xunto ao Hospital Virxe da Xunqueira, o vindeiro mes de xaneiro.

– Turismos: 23 de xaneiro ao 1o de febreiro de 2017.
– Maquinaria agrícola: 23 e 24 de xaneiro de 2017.
– Ciclomotores: 25 de xaneiro de 2017.

Horario:
– Mañá: de 9h a 13:30h.
– Tardes: de 15:15h a 18h.
(o día 10 de febreiro só horario de mañá).

Podes pedir cita previa no teléfono 902 30 90 00 0u na páxina webwww.sycitv.com

Deixa un comentario