Resolución de incidencias na recepción da TDT ocasionadas polos nodos 4G na banda de 800 MHz.

Dende LLEGA800 comunícannos que está a piques de rematar o prazo habilitado de 6 meses, dende o acendido de tódalas estacións base de telefonía móbil de 4ª Xeración (4G na banda de 800 MHz) no concello de Cee, para resolver incidencias na recepción da Televisión Dixital Terrestre (TDT) sen custo para os cidadáns.

 

Infórmase que o 31/12/2019 rematará definitivamente o prazo para solicitar as actuacións gratuítas, por parte dos usuarios da TDT, polas posibles afectacións ocasionadas polos nodos 4G na banda 800 MHz.

 

No futuro, no concello de Cee poderían acenderse novas estacións base de telefonía móbil, na banda de 800 MHz, se así o consideran preciso os operadores para mellorar este servizo, nese caso LLEGA800 volvería a informar ó concello e atenderíanse de formar gratuíta as incidencias que ocorran, abríndose un novo prazo de seis meses dende a data de acendido.

 

Dende o Concello de Cee recomendase a quen teña problemas de recepción da TDT  chame ó Centro de Atención ó Usuario “LLEGA800”, ó teléfono gratuíto 900 833 999,  ata o 31 de decembro de 2019 a resolución de incidencias será gratuíta.

O número de atención gratuito é o 900 833 999.

Maís información na web www.llega800.es

 

Deixa un comentario

TurismoCee