Co gallo da celebración do 30 aniversario da fundación do Batallón Literario da Costa da Morte, o Concello de Cee abre as portas deste espazo dixital dedicado á creación e á palabra.
Este certame non só busca premiar as mellores obras en poesía e relato, senón tamén manter viva a chama dun colectivo que marcou un antes e un despois na identidade cultural da nosa comarca. Convidámosvos a participar, a consultar as bases e a formar parte desta nova etapa literaria.

