Presentación do I Certame “Batallón Literario da Costa da Morte” en Cee

Presentación do certame en Cee

Esta mañá, a Biblioteca Municipal Francisco Mayán de Cee acolleu a presentación do I Certame de Poesía e Relato Curto “Batallón Literario da Costa da Morte”, nun acto presidido pola alcaldesa de Cee, Margot Lamela, e por Modesto Fraga, en representación do Batallón Literario da Costa da Morte.

A presentación coincidiu co 30 aniversario do Batallón Literario da Costa da Morte, nun acto marcado pola emoción e polo recoñecemento ao labor desenvolvido por este colectivo ao longo destas tres décadas. A xornada rematou cun pequeno recital poético a cargo de membros do Batallón presentes.

O cartel desta primeira edición foi deseñado por David Creus para esta ocasión.

 

Ver galería completa da presentación

Bases do I Certame “Batallón Literario da Costa da Morte”

Nesta edición, o certame está dedicado á poesía e está aberto á participación de persoas maiores de idade, con textos en lingua galega, cunha extensión mínima de 400 versos e de carácter inédito. O xurado estará composto por membros do Batallón Literario da Costa da Morte.

O certame establece un premio de 3.000 euros e a publicación da obra gañadora. O prazo de presentación de traballos permanecerá aberto ata o 27 de xuño, co fallo do xurado previsto para a última semana de xullo e a gala de entrega de premios programada para o 9 de agosto.

Aquí podes consultar as bases do certame e máis información.

Deixa un comentario