Situada no monte de San Pedro Mártir, na parroquia da Pereiriña, no tramo do Camiño de Santiago a Fisterra. É un dos templos máis antigos da comarca, foi fundada nun lugar onde se realizaban antigos rituais pagáns e descoñécese a data exacta da súa fundación,aínda que se relaciona co mosteiro de Santa Tasia, sábese que ata finais do século XV pertenceu ao Arciprestado de Trastámara. No seu interior destacan as imaxes de San Pedro e da Virxe de Fátima. Preto hai unha fonte milagreira que cura reumatismos, dores de pés e verrugas, así como un cruceiro.
https://goo.gl/maps/ZPc5nw8VTHgnxHdg7