Casa da Marquesa

É do século XVI e consta de baixo e tres alturas. Ten un corpo principal e outros pegados. A fachada é simple pero elegante. Nela había un escudo familiar. No ano trinta Dositeo Neira retírao. Ten un baixo e tres alturas, é a vivenda rural señorial típica do noroeste, normalmente están formadas por un gran corpo principal e outros complementarios como dependencias ou cociñas. O escudo que hai no xardín é traído doutra vivenda e representa os emblemas das familias Pardiñas, Rioboó, Leis, y Caamaño, Carantoña, Figueroa y Montenegro. Presenta balcóns na fachada e o teito é a dúas augas.

Juan Boo de Castro, comerciante, chega a Cee e realiza varias compras de terreos, entre elas o terreo onde está hoxe dita casa. Sobre 1551 comeza a construír a casa. No 1722 refaise a casa deixada por Juan Boo e fanse algunhas agregacións. O fillo de Juan Boo “O mozo”, casa con 60 anos e pasa a familia Lema de Berdoias e finalmente ao marquesado Villaverde de Limia. Ata que os novos propietarios a adquiren no ano 1.972.

 

 

TurismoCee