Situada na Praza da Constitución está datada no 1880. A planta é rectangular en tres niveis. A fronte divídese en catro bandas. A cantería é a vista con molduras que resaltan os marcos dos vans. No baixo hai unha farmacia, no primeiro piso hai un balcón central sobre lousa granítica con varanda. Na planta superior hai unha galería de madeira. A ambos lados dos pisos hai dúas galerías, os panos dos muros están recebados e pintados de branco coa pedra á vista na liña imposta e nos esquinais. A cuberta é a dúas augas, cuberta con pedra do país.
Nos baixos desta casa hai unha antiga farmacia, ben conservada e en funcionamento. Teñen uns botes de cerámica coñecidos como albarelos, semellantes aos que conserva o Instituto Fernando Blanco, co que os boticarios do Colexio facían as medicinas. Como curiosidade, dicir que onde hoxe está a farmacia estivo situada a oficina da Empresa de Transportes Guillén, onde se vendían os tickets. Tamén houbo un negocio relacionado coa sal