Casa Mayán

Situada na Praza da Constitución nun contorno no que conviven construcións modernas con outras dos séculos XVIII e XIX. Pertence ao S.XIX. Nela viviu Francisco Mayán, historiador e político ao que a vila dedicou a súa biblioteca. Foi pioneiro na investigación histórica de Cee

É un exemplo da arquitectura de galerías cun corpo baixo con tres vans, que se traduce no primeiro andar en balcóns e nunha galería de madeira no último piso. Ten planta rectangular, sendo a fachada lateral máis longa que a principal. A disposición é en tres niveis ademais dun corpo cuberto no ático configurando unha terraza con varanda de ferro forxado que é de construción posterior. A entrada é polo van central a través dun arco de medio punto rebaixado, o mesmo que nos laterais e nos ocos dos balcóns do piso superior, están sobre lousa granítica con varanda de forxa. A galería está feita de madeira dividida en tres tramos. A fachada lateral conecta cun xardín privado pechado por un enreixado de ferro con dúas columnas que están coroadas por floreiros.