LETRAS GALEGAS 2022

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN. O POETA DE VALDEORRAS As Letras Galegas deste ano 2022 van dedicadas á figura e a obra de Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo de Valdeorras, 1903 – Fair Oaks, California, 1987). A súa biografía, como sucedeu con outros autores recentes (Antonio Fraguas, Ricardo Carvalho Calero), percorre practicamente todo …

Ler máis / Leer más…

Probas para a obtención do certificado de lingua galega: niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4

Obxecto Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2022. Datas de realización das probas . As probas dos distintos niveis Celga terán lugar nos meses de maio e/ou xuño de 2022. As datas concretas serán debidamente …

Ler máis / Leer más…

Convocatoria Probas CELGA 2, 3 e 4 publicada no DOG do 13 de setembro de 2021

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2021 (código de procedemento PL500C). Destinatarios: Persoas maiores de 16 anos ou que os fagan …

Ler máis / Leer más…

Espectáculo para crianzas de 0 a 3 anos con Trompicallo: O día que chegou unha nube e choveu

O sábado 22 de abril o Concello de Cee acollerá un novo espectáculo teatral especialmente pensado para crianzas de ata 3 anos. A actividade está limitada a 50 familias (un adulto por cada menor).

Dentro do programa cultural do Concello de Cee e do programa de Normalización Lingüística “Primavera con Apego“, o sábado 22 de abril, Trompicallo presenta unha obra especialmente pensada para crianzas de 0 a 3 anos na que… “Había unha vez, que non había nada, só pedras. Entón chegou unha nube, choveu e formouse un manantial. Coa chegada da auga creceu a herba, e na herba as flores e as árbores, na auga naceros os peixes e as ras, despois chegaron os insectos, as ovellas, o lobo… en fin, a vida. Pero, que acontece cando un día a auga desaparece?”

O espectáculo presentado por Trompicallo, vellos coñecidos do teatro ceense, forma parte do programa “Primavera con Apego” no que se desenvolverán diferentes actividades para a socialización en galego na infancia. É froito da colaboración do Concello de Cee e da Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia.

Para conseguir a túa entrada, podes inscribirte no Servizo de Normalización Lingüística do concello (as prazas serán adxudicadas en rigoroso orde de inscrición e terán preferencia as crianzas empadroadas en Cee) ou ben comprala en taquillas, que se abrirá 45 minutos antes da hora prevista de comezo.

“O día que chegou unha nube e choveu” de Trompicallo

Idade: 0 a 3 anos

Data: sábado, 22 de abril

Horario: 18h

Espazo: Auditorio Baldomero Cores

Prezo: 2€ neno e 3€ adulto

Ler máis / Leer más…

TurismoCee