BANDO. Consulta Censo eleccións xerais 2026

Bando sobre a consulta do censo electoral de cara ás eleccións a cortes xerais de 2026 BANDO Faise público que o Censo Electoral vixente para as eleccións a Cortes Xerais, que terán lugar o día 29 de novembro de 2026, poderá consultarse nas oficinas municipais nos días hábiles do 12 …

Ler máis / Leer más…

Preaviso de eleccións sindicais do persoal funcionario do Concello de Cee

O Concello de Cee fai público o preaviso de celebración de eleccións aos órganos de representación do persoal funcionario do Concello de Cee, promovidas pola Unión Xeral de Traballadores (UGT). Segundo consta na comunicación presentada, establécese como data de inicio do proceso electoral o 20 de outubro de 2026. O …

Ler máis / Leer más…

O Concello de Cee declara tres días de loito oficial polo falecemento de D. Ramón Ramiro Vigo Sambade

O Concello de Cee, mediante Resolución da Alcaldía, declara tres días de loito oficial polo falecemento de D. Ramón Ramiro Vigo Sambade, quen desenvolveu unha dilatada traxectoria de servizo público no Concello de Cee e exerceu como alcalde desta Corporación. En consideración á súa traxectoria ao servizo deste Concello e …

Ler máis / Leer más…

O Concello de Cee declara tres días de loito oficial polo falecemento dun membro da Policía Local

O Concello de Cee declara tres días de loito oficial, do 27 ao 29 de agosto de 2026, polo falecemento de Jesús Manuel García Leal, membro da Policía Local do Concello de Cee. A declaración acordouse como mostra de respecto, recoñecemento e pesar, así como para trasladar o apoio e …

Ler máis / Leer más…

Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais do Concello de Cee.

Aprobación Provisional Acordo do pleno do Concello de Cee relativo á aprobación provisional do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais do Concello de Cee (PMPDIF). Expediente nº 2025/A006/000006 Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais do Concello de Cee

BANDO. Peche dos establecementos de máis de 300 metros cadrados pola suspensión do Mercado Dominical o domingo 16 de agosto.

BANDO. Peche dos establecementos de máis de 300 metros cadrados pola suspensión do Mercado Dominical o domingo 16 de agosto. As Festas Patronais da Nosa Sra. Da Xunqueira 2026, coinciden o 13 (xoves), 14 (venres), 15 (sábado) e 16 (domingo) de agosto. As atraccións das festas estarán colocadas dende o …

Ler máis / Leer más…

Ampliacion horario de peche

Ampliación do horario de peche dos establecementos abertos ao público e de finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas con motivo da celebración da festa/verbena popular IX Festa do porquiño ao espeto no Lg. San Xián

Ampliación do horario con motivo da IX Festa do Porquiño ao Espeto de Pereiriña. O Concello de Cee autorizou a ampliación do horario de finalización da verbena popular da IX Festa do Porquiño ao Espeto de Pereiriña, organizada pola Asociación Cultural Xente da Tralla. A ampliación permitirá prolongar en dúas …

Ler máis / Leer más…

Ampliacion horario de peche

Ampliación do horario de finalización da verbena popular Festa de San Antonio de Xallas

Ampliación do horario con motivo das Festas de San Antonio de Xallas O Concello de Cee autorizou a ampliación do horario de finalización da verbena popular das Festas de San Antonio de Xallas, organizadas pola Asociación Cultural-Deportiva San Antonio de Xallas. A ampliación permitirá prolongar en dúas horas o horario xeral …

Ler máis / Leer más…

Ampliacion horario de peche

Ampliación do horario con motivo das Festas do Corpus de Brens

Ampliación do horario con motivo das Festas do Corpus de Brens O Concello de Cee autorizou a ampliación do horario de finalización da verbena popular das Festas do Corpus de Brens, organizadas pola Asociación Cultural e Deportiva Novas Xuventudes. A ampliación permitirá prolongar en dúas horas o horario xeral establecido, …

Ler máis / Leer más…

Bando informativo sobre a apertura de establecementos comerciais no ano 2026

Bando informativo sobre a apertura de establecementos comerciais no ano 2026 O Concello de Cee informa á cidadanía do seguinte: De conformidade coa Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, de data 18 de setembro de 2025, pola que se establecen os domingos e festivos nos que se autoriza …

Ler máis / Leer más…