Cee: A Vila Rexurdida.



A actual vila de Cee é o resultado do poder de rexurdir dos ceenses. Os días 13 e 21 de abril do ano 1809, as tropas napoleónicas invadiron o pobo arrasando o que atoparon ao seu paso. Foi neste episodio bélico, cando o exército francés queimou a Igrexa de Cee e destruíu os arquivos que rexistraban os inicios da vila. Así pois, a orixe de Cee segue a ser un misterio en moitos aspectos. Empezando pola propia toponimia, da que só coñecemos teorías.


TurismoCee