O municipio está formado por 6 parroquias: Santa María de Cee, urbana, e as outras 5 son de carácter rural. Grazas a iso, o concello combina a calidade e cercanía dos servizos con sosegados espazos rurais.
A Ameixenda
Segundo os datos do Padrón Municipal actualizados no mes de xaneiro de 2009, esta parroquia conta con 554 habitantes repartidos en cinco entidades de poboación: Caneliñas, Castelo do Príncipe, Gures, A Igrexa e Lamas.
A Pereiriña
Segundo os datos do Padrón Municipal actualizados no mes de xaneiro de 2009, esta parroquia conta con 850 habitantes repartidos en trece entidades de poboación: Bedán, Bermún, Cantorna, Cávado, Chafarís, Codesos, Duei, Lobelos, Morancelle, A Pereira, San Xián, San Xosé e Vilanova.
Brens
Segundo os datos do Padrón Municipal actualizados no mes de xaneiro de 2009, esta parroquia conta con 1065 habitantes repartidos en seis entidades de poboación: Berroxe, Camiños Chans, Fadibón, A Grixa, Pontella e Raso.
Cee
A parroquia - Santuario Nosa Señora da Xunqueira, na que se enclava a capital e núcleo urbano do Concello, conta, segundo os datos do Padrón Municipal con 4255 habitantes repartidos en oito entidades de poboación: A Granxa, Escabanas, Lagarteira, Pallares, Raíces, O Son, Xallas (todas elas de carácter semi-urbano), e a vila de Cee.
Lires
Segundo os datos do Padrón Municipal actualizados no mes de xaneiro de 2009, esta parroquia conta con 450 habitantes repartidos en sete entidades de poboación: Canosa, A Lagoa, Lires, Ponte Nova, Porcar, Ruibo e Tedín.
Toba
Segundo os datos do Padrón Municipal actualizados no mes de xaneiro de 2009, esta parroquia conta con 677 habitantes repartidos en oito entidades de poboación: Bazarra, Carbaliza, Estorde, A Granxa, Guimareu, Sembra, Toba e O Vilar.