Medidas de prevención específicas en Galicia
A eficacia das medidas neste decreto comezarán ás 00:00 horas do día 27 de xaneiro e finalizarán ás 00:00 do día 17 de febreiro.
LIMITACIÓN DA LIBERDADE DE CIRCULACIÓN DAS PERSOAS EN HORARIO NOCTURNO
- Durante o periodo comprendido entre as 22:00 e as 6:00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización de, entre outras, as seguintes actividades:
- Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.
- Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
- Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.
- Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.
- Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.
- Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
- Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
- Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.
- Reposición en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.
LIMITACIÓN DA PERMANENCIA DE GRUPOS EN ESPAZOS PÚBLICOS OU PRIVADOS
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210126/2549/AnuncioC3B0-260121-1_gl.pdf
- Limitar os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes.
- As excepcións contémplanse no punto 4 do Apartado Primeiro do Decreto 8/2021 do martes 26 de xaneiro.
- Non será aplicable esta limitación no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.
LIMITACIÓN DA ENTRADA E SAÍDA DAS PERSOAS DO ÁMBITO TERRITORIAL DOS CONCELLOS
- Queda restrinxida a entrada e saída de persoas do ámbito territorial de cada un dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia considerados individualmente
https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Restricions-Perimetrais - As excepcións das limitacións de mobilidade contémplanse no punto 2 do Apartado Primeiro do Decreto 8/2021 do martes 26 de xaneiro.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210126/2549/AnuncioC3B0-260121-1_gl.pdf
VIDA SOCIAL E COMUNITARIA
- Celebracións con motivo de cerimonias relixiosas ou civis: só persoas conviventes
- Lugares de culto: 1/3 da súa capacidade máxima permitida.
- Velorios: 5 persoas por túmulo agas conviventes e 15 en espazos abertos.
- Enterramento ou despedida para a cremación: 15 persoas non conviventes.
- Non se poderán realizar actuacións de coros ou agrupacions vocais de canto.
ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN
- PECHE DAS ACTIVIDADES.
- PERMITÉSE A ENTREGA A DOMICILIO ATA AS 24:00 HORAS
- PERMITESE RECOLLIDA NO LOCAL PARA CONSUMO NO DOMICILIO
ESTABLECEMENTOS DE ALOXAMENTO TURISTICO E ALBERGUES
- Zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos: 50% da súa capacidade.
- Peche temporal dos albergues turísticos.
ESTABLECEMENTOS E LOCAIS COMERCIAIS QUE NON FORMEN PARTE DE CENTROS OU PARQUES COMERCIAIS
- Establecemento retallista: Límite do aforo 50% de capacidade, independentemente da súa superficie. Peche as 18:00 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior coas excepcións indicadas na lexislación vixente (apartado 3.6.3 do Anexo I da Orde do 26 de xaneiro de2021).
- Actividades de servicios profesionais abertos ao público: Límite do aforo 50% de capacidade, independentemente da súa superficie. Peche as 21:30 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior.
ESTABLECEMENTOS QUE TEÑAN A CONDICIÓN DE CENTROS E PARQUES COMERCIAIS, OU QUE FORMEN PARTES DELES E GRANDES SUPERFICIES
- Os centros, parques comerciais e grandes superficies (de mais de 2500 metros cadrados) deberán pechar os sábados, domingos e festivos.
- No caso de establecementos ou locais distribuidos en varios andares: Límite do aforo 30% de capacidade total en cada un deles.
- A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 30 %
- Establecemento retallista: Límite do aforo 30% de capacidade total. Peche as 18:00 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior coas excepcións indicadas na lexislación vixente (apartado 3.6.3 do Anexo I da Orde do 26 de xaneiro de 2021).
- Establecemento de actividades de servicios profesionais abertos ao público: Límite do aforo 30% de capacidade total. Peche as 21:30 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior.
- Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns, excepto para o tránsito entre os establecementos.
- Zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso deben permanecer pechadas.
- Mercados ao aire libre: 50 % dos postos habituais ou autorizados.
ACTIVIDADE DEPORTIVA
- Só ao aire libre de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización de máscara.
- Suspendidas as competicións deportivas a nivel autonómico.
ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS DE FORMACIÓN
- A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do 50% cun máximo de 25 persoas respecto do máximo permitido.
FESTAS, VERBENAS, OUTROS EVENTOS POPULARES E ATRACCIÓNS DE FEIRAS
- Peche das actividades.
ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL SUSPENDIDA
- Escolas oficiais de idiomas.
- Escolas de arte e superior de deseño.
- Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
- Escola Superior de Arte Dramática.
- Conservatorios de música.
- Conservatorios de danza.
- Escolas de música.
- Escolas de danza.
- Centros autorizados de deportes, centros autorizados de futbol; centros autorizados de futbol sala
- Centros autorizados de artes plásticas e deseño.
- Centros autorizados de música e centros autorizados de danza, salvo que estean integrados en centros docentes que permanezan abertos e que limiten a súa actividade o alumnado dos ditos centros docentes.
- Escolas de música privadas e escolas de danza privadas.
ACTIVIDADES NON ESENCIAIS QUE PECHAN TEMPORALMENTE
I. Espectáculos públicos:
I.3. Espectáculos taurinos.
I.4. Espectáculos circenses.
I.6. Espectáculos feirais e de exhibición.
I.7. Espectáculos pirotécnicos.II. Actividades recreativas:
II.1. Actividades culturais e sociais.
Quedan suspendidas as competicións deportivas de nivel autonómico. Os correspondentes adestramentos quedarán sometidos ás mesmas limitacións ca o resto da actividade física e deportiva, debendo respectarse as limitacións de entrada e saída existentes en determinados ámbitos territoriais e as limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno.
Poderase practicar deporte ao aire libre, só de xeito individual ou con persoas conviventes, e sempre usando máscara.
II.4. Atraccións recreativas.
II.7. Actividades de restauración.
II.8. Actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.III. Establecementos para o público:
III.1. Establecementos de espectáculos públicos:
III.1.4. Circos.
III.1.5. Prazas de touros.
III.1.7. Recintos feirais.
III.2. Establecementos de actividades recreativas:
III.2.1. Establecementos de xogo.
III.2.1.1. Casinos.
III.2.1.2. Salas de bingo.
III.2.1.3. Salóns de xogo.
III.2.1.4. Tendas de apostas.
III.2.2. Establecementos para actividades deportivas
III.2.3.1. Parques de atraccións e temáticos.
III.2.3.2. Parques acuáticos.
III.2.3.3. Salóns recreativos.
III.2.3.4. Parques multiocio.
III.2.4. Establecementos para actividades culturais e sociais:
III.2.4.2. Bibliotecas.
III.2.4.3. Salas de conferencias.
III.2.4.4. Salas polivalentes.
III.2.6. Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.
III.2.7. Establecementos de ocio e entretemento.
III.2.7.1. Salas de festas.
III.2.7.2. Discotecas.
III.2.7.3. Pubs.
III.2.7.4. Cafés-espectáculo.
III.2.7.5. Furanchos.
III.2.8. Centros de lecer infantil.