Situado en Bermún, na parroquia da Pereiriña. Cruceiro de tipo de Crucifixo con plataforma cuadrangular de catro chanzos e pedestal cuadrangular cos símbolos da Paixón: Tibias, Abella e Caveiras, e unha mesa acaroada. Ten un varal octogonal co pedestal octogonal e liso. O capitel tamén octogonal que remata en cadrado con volutas. A súa cruz é octogonal, rematado en bólas que presenta polo seu anverso a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas. O seu pano de pureza vai anoado á esquerda. Polo reverso da cruz fica a Piedade sostendo o Cristo nos seus brazos.