Cruceiro de Cantorna

Situado en Cantorna na parroquia de San Xián da Pereiriña. É un cruceiro de tipo “b” de crucifixo con plataforma octogonal de cinco chanzos e pedestal cuadrangular cos símbolos da Paixón: Tibias, Abella e Caveiras. Consta de un varal circular cun pedestal cuadrangular, o capitel é cilíndrico e remata en cadrado. No anverso da cruz ten un Cristo crucificado con tres cravos, ca cabeza ergueita, as mans pechadas, con coroa de espiño e pano de pureza que vai anoado a dereita. No reverso ten a figura da Inmaculada, coroada e cas mans cos dedos entrelazados. Está feito en granito.