Escola Infantil. A Escoliña

A ESCOLIÑA MUNICIPAL DE CEE

O EQUIPO DA ESCOLIÑA

Está formado por profesionais da Educación Infantil (Técnicas en Educación Infantil, graduadas en Educación Infantil e Pedagoxía). A maiores posúen formación complementaria en metodoloxías innovadoras o que fai que a nosa intervención sexa adaptada á realidade e de calidade.

HORARIO

O noso horario é AMPLO, vai dende as 7:45 h ata as 20:00 h.

ESPAZOS

Posúe catro aulas para distintos rangos de idade:

1 de 0-1 anos

1 de 1-2 anos 

2 de 2-3 anos.

Ademais:

Unha aula de USOS MÚLTIPLES

BIBLIOTECA ESCOLAR .

PATIO EXTERIOR CUBERTO E XARDÍNS.

SERVIZO DE COMEDOR

Este servizo ofrece almorzar, xantar e merendar no centro educativo. Consiste na achega dos medios persoais e materiais precisos para adecuada distribución e consumo dos alimentos que traen os/as usuarios/as.

ORIENTACIÓN FAMILIAR

PROXECTO DA HORTA

Dentro do noso proxecto educativo, temos o proxecto da horta coas crianzas, preparámola   e plantámola, coidamos e seguimos o proceso de crecemento de diferentes tipos de plantas (fresas, tomates, pementos, leitugas, xudías e tamén plantas aromáticas…)

ACTIVIDADES A DESTACAR

Diariamente desenvólvense actividades adaptadas a cada grupo de idade, e a maiores realizamos actividades conxuntas nas que contamos en moitos casos coa participación da nosa comunidade

FESTAS POPULARES: Samaín, Nadal, Papá Noel e Reis Magos, Festa de fin de Ano

Entroido, Festa dos maios, día das LETRAS GALEGAS…

OBRADOIROS: pan, pintura, música…

AS PROFESIÓNS: Visitas do persoal da  limpeza viaria, policía municipal (educación vial). bombeiros, ambulancias, familias con distintas profesións (persoal sanitario, hostalaría, perruquería…)                   

INSTRUMENTOS MUSICAIS: Na escola dispoñemos de instrumentos para que as crianzas descubran os sons.

Recibimos a visita dalgunhas MASCOTAS.

Realizamos SAÍDAS coas crianzas do último curso para COÑECER O NOSO POBO (museo Fernando Blanco, Mercado Municipal, Casa da cultura, Biblioteca Municipal, Xardíns da Fundación Fernando Blanco…)

APRENDEMOS UNHA LINGUA ESTRANXEIRA

Dende a Escoliña, promovemos o aprendizaxe dunha terceira lingua, o inglés, con persoal especializado.

TurismoCee