Instituto Fernando Blanco de Lema

IES Fernando Blanco

Entre o 2 de agosto de 1880 e o 6 de maio de 1884, baixo a vontade do xa falecido Fernando Blanco de Lema, eríxese ao pé do Monte da Armada o edificio que cambiaría o porvir da vila de Cee; O colexio-Instituto Fernando Blanco de Lema.

O 2 de Outubro de 1886, Don Dionisio Barreda, catedrático da Universidade de Valladolid e primeiro Director do Colexio-Instituto da Fundación, pronunciaría as palabras que daban inicio ao primeiro curso académico.

O recinto, acolle tamén un magnífico xardín botánico e un monumento inaugurado o 13 de outubro de 1973 en honor ao filántropo ceense que fixo da nosa vila un lugar próspero no que vivir, desenvolverse e educarse.


 

TurismoCee