Por que Lires é o paraíso da natureza?
É o lugar onde o sol se resiste a marchar nos derradeiros intres do día, onde mar e montaña colaboran xuntos na creación dunha paisaxe inesquecible, onde reside a ría máis pequena de Galicia e onde a auga toma protagonismo en pequenos recunchos como A Meixoeira ou “Mixirica“. Benvidos e benvidas á Parroquia de Lires!