Miradoiro situado na parroquia da Pereiriña, moi preto da Capela de San Pedro Mártir e da Fonte Santa, curativa para reuma, dor de pés e verrugas.
Dende este miradoiro temos unhas fabulosas vistas panorámicas da ría de Cee e Corcubión, podendo observar tamén o cabo de Fisterra e o Monte Pindo.