O Batallón literario
COSTA DA MORTE

Tres décadas de palabra viva
Hai 30 anos, un grupo de creadoras e creadores decidiu que a voz da Costa da Morte non podía quedar calada tras o ruxir do mar.
Así naceu en Cee o Batallón Literario da Costa da Morte, un colectivo que reuniu poetas e narradores arredor dunha mesma idea: a identidade, o territorio e a lingua galega.
Máis que un grupo de escritores, o Batallón foi un movemento cultural que situou a Costa da Morte como espazo de creación e referencia dentro da literatura galega contemporánea.
“O Batallón non foi só un grupo de escritores e escritoras, foi un movemento que reivindicou que dende o ‘Fin do Mundo’ tamén se constrúe cultura universal.”
Un legado que se renova
Hoxe, trinta anos despois, o Concello de Cee recupera ese espírito para dar forma ao Certame de Poesía e Relato Curto “Batallón Literario da Costa da Morte”, unha iniciativa que nace coa vontade de consolidarse como unha cita anual de referencia para a creación literaria en lingua galega.
O certame terá carácter anual e rotativo, alternando cada ano entre dúas modalidades:
- ●
Anos Pares: Dedicados á Poesía - ●
Anos Impares: Dedicados ao Relato Curto.
¿Tes xa a túa obra preparada para o certame?