Pacto das Alcaldías

PACES

Concello de Cee está a traballar na elaboración do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES). Este Plan nace no seo do Pacto das Alcaldías, un movemento a nivel europeo no que participan as autoridades locais e rexionais que asumiron o compromiso voluntario de mellorar a eficiencia enerxética, empregar fontes de enerxía renovables nos seus territorios e reducir as emisións de CO2.

Trala Declaración de Emerxencia climática e Ambiental en España, o Concello de Cee sumouse tamén a desenvolver liñas de acción que fagan fronte á crise climática e aproveitar os beneficios sociais e económicos que ofrece a transición ecolóxica para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas.

Este proxecto está subvencionado ao abeiro das axudas destinadas a entidades locais asinantes do Pacto dos Alcaldes para o Cima e a Enerxía Sostible.

Operación cofinanciada pola Unión Europea, a través do FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER)

https://pactodosalcaldes.gal/es

TurismoCee