Abrazando a Praia da Concha, atópase un dos ambientes máis distendidos da vila de Cee. O paseo marítimo é un núcleo ideal para pasar a tarde con amigos, familia, parella, mascotas ou mesmo nunha relaxante soidade. O espazo caracterízase, principalmente, polas súas zonas axardinadas. Con todo, o lugar ofrece moito máis; vistas, monumentos, carteis orientadores, aparcamentos, zonas de descanso e mesmo un parque para que os máis pequenos poidan gozar tamén da experiencia.
Ademais, nesta localización poderás atopar trazos de interese etnográfico, como un hórreo ou o peirao de pescadores.
Unha chiscadela para aqueles amantes da lectura; imaxinarvos ler un libro que vos guste, sentados nun banco ao aire libre e mirando ao mar nunha situación de tranquilidade absoluta. O Paseo Marítimo será, probablemente, un dos vosos sitios favoritos do pobo.