Pereiriña: A Parroquia das Tradicións.


A Parroquia de Pereiriña é un dos lugares máis ricos en canto a mostras etnográficas. Nela atópanse hórreos, cruceiros, muíños de auga e incluso reclamos gastronómicos. Os seus servizos de restauración están fundamentados, na súa maioría, nos pratos típicos que compoñen o menú de calquera dos fogares das aldeas da parroquia.

Descubre como eramos e como continuamos a ser!


 

TurismoCee