Sistema Interno de Información do Concello de Cee
O Concello de Cee pon á disposición das persoas informantes a súa Canle interna de información, integrada no Sistema Interno de Información municipal, de conformidade coa Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción.
Esta canle permite comunicar información sobre posibles accións ou omisións que poidan constituír infraccións penais ou administrativas graves ou moi graves, así como outras infraccións comprendidas no ámbito de aplicación da Lei 2/2023.
Antes de presentar unha comunicación
Esta canle non é un medio xeral para presentar queixas, suxestións, incidencias, reclamacións administrativas, recursos, solicitudes de información ou documentación dirixida ao Concello.
Para estes asuntos debe empregarse a sede electrónica, o Rexistro Xeral ou os demais medios municipais de atención cidadá.
Quen pode utilizar esta canle?
- Persoal empregado público e cargos electos do Concello de Cee.
- Persoas que participen ou participasen en procesos de selección.
- Persoas autónomas que presten servizos ao Concello.
- Contratistas, subcontratistas, provedores e persoas que traballen baixo a súa dirección.
- Persoas voluntarias, bolseiras ou en período de formación.
- Persoas que obtivesen a información no marco dunha relación laboral ou profesional xa finalizada.
Que feitos se poden comunicar?
A través desta canle poden comunicarse accións ou omisións producidas no ámbito de actuación do Concello de Cee que poidan constituír:
- Infraccións do Dereito da Unión Europea incluídas no ámbito da Lei 2/2023.
- Infraccións penais.
- Infraccións administrativas graves ou moi graves.
- Actuacións que afecten aos intereses financeiros da Unión Europea.
- Infraccións relacionadas, entre outras materias, coa contratación pública, a protección do medio ambiente, a protección das persoas consumidoras, a protección de datos ou a seguridade das redes e sistemas de información.
Garantías da canle
- Confidencialidade da identidade da persoa informante.
- Posibilidade de presentar comunicacións anónimas.
- Protección dos datos persoais.
- Prohibición de represalias contra as persoas informantes.
- Presunción de inocencia e respecto ao dereito á honra das persoas afectadas.
- Acceso á información exclusivamente por parte do persoal autorizado.
- Comunicación segura coa persoa informante durante a tramitación.
Presentar unha comunicación
Prema no seguinte botón para acceder á plataforma segura da Canle interna de información do Concello de Cee.
Acceder á Canle Interna de Información
A ligazón abrirase nunha plataforma externa segura para presentar e consultar comunicacións.
Como funciona a plataforma?
- Acceda á plataforma mediante o botón anterior.
- Escolla o tipo e a modalidade de comunicación.
- Describa os feitos coa maior claridade posible.
- Achegue, cando dispoña dela, documentación relacionada cos feitos.
- Cree e conserve o seu contrasinal.
- Garde a referencia alfanumérica asignada á comunicación.
- Acceda posteriormente á plataforma para consultar o estado da comunicación ou responder ás solicitudes de información.
Comunicación mediante reunión
A plataforma permite solicitar unha reunión presencial ou por videoconferencia. A persoa solicitante deberá indicar a súa preferencia e facilitar os datos de contacto necesarios para organizar a reunión.
A solicitude será atendida dentro do prazo previsto no procedemento de xestión do Sistema Interno de Información.
Documentación do Sistema Interno de Información
Consultar a Política do Sistema
Consultar o Procedemento de xestión
Os documentos anteriores regulan os principios, garantías e procedemento de recepción, análise, investigación e resolución das comunicacións.
Protección de datos persoais
Os datos persoais tratados a través do Sistema Interno de Información serán utilizados exclusivamente para recibir, analizar e tramitar as comunicacións, realizar as actuacións de investigación que procedan e cumprir as obrigas establecidas na Lei 2/2023.
A identidade da persoa informante será reservada e non será comunicada ás persoas ás que se refiran os feitos nin a terceiros non autorizados, salvo nos supostos legalmente previstos.
A información completa sobre o tratamento de datos persoais poderá consultarse na propia plataforma e na Política do Sistema Interno de Información.
Canles externas de información
Sen prexuízo do carácter preferente da Canle interna de información, as persoas físicas tamén poderán presentar información ante as autoridades externas competentes, de conformidade coa Lei 2/2023.