Esta praia situada na Ría de Lires (a máis pequena de Galicia), forma parte da Rede Natura 2000 polo seu valor ecolóxico, especialmente ornitolóxico, debido a que é o escenario de paso de numerosas aves mariñas.
Trátase dunha cala pequena e tranquila que cambia de aparencia segundo as mareas. Nela pódese apreciar un dos máis belos solpores da Costa da Morte. Isto débese ao rural da paisaxe que envolve o lugar.
Lires é unha aldea afastada da imaxe de grandes construcións e bulicio constante. Máis ben, é a localización perfecta para que o tempo se deteña e que a paisaxe invada os pensamentos dun.
Pódese acceder a ela en coche ou a pé. No caso de escoller a primeira opción, interesaravos saber que a zona conta con aparcamentos.