A praia de Estorde, na parroquia de Toba, atópase entre os límites dos Concellos de Corcubión e Fisterra.
A praia é de area fina e branca e ten uns 350 metros de largo aproximadamente e unha anchura de 30 metros. O seu contorno é semiurbano e as súas augas considéranse tranquilas.
Dispón de accesos sinalizados, así como servizos de salvamento marítimo (socorristas). Ademais tamén conta con duchas, aseos, cámping, restaurantes e aparcamentos.