Praia de Gures

A praia de Gures, na parroquia de Ameixenda, e sen dúbida unha das praias máis espectaculares da Costa da Morte, dende ela podemos observar o cabo de Fisterra, o Monte Pindo e as Illas Lobeiras.

É unha praia virxe que conta con area fina e augas tranquilas e ten unha lonxitude de uns 350metros de longo e 25m de ancho. Gures pola súa situación é un lugar ideal para os días ventosos, tan comúns na Costa da Morte.

Presenta un acceso con certa dificultade. Baixase por un camiño de terra (sobre uns 3 minutos de baixada) que remata xusto nas rochas dende as cales podes acceder á praia.