Ubicadas na parroquia de Lires, son dous areais resgardados de area fina duns 190 metros de lonxitude. Durante moito tempo foron escollidos por algúns bañistas pola boa calidade das súas augas, ademais da privacidade que ofrecían debido ao seu difícil acceso.
Nunha furna da Area Grande está enterrado un náufrago que apareceu nas rochas e nunca chegou a ser identificado.