Política de privacidade

POLÍTICA DE PRIVACIDADE CONCELLO DE CEE

O Concello de Cee cumpre co disposto no Regulamento (UE) 2016/679 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO do 27 de abril de 2016 (RGPD) e Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), así como a normativa vixente en cada momento, velando por garantir un correcto uso e tratamento dos datos persoais do usuario.

É por isto que, esta Política de Privacidade ten como obxecto informar acerca do tratamento de datos de carácter persoal que, o Concello de Cee, efectúa neste sitio web, sede electrónica e en calquera dos seus subdominios, microsites e/ou aplicacións móbiles.

A persoa titular será informada, con carácter previo á recollida dos seus datos, dos extremos xerais regulados nesta política conforme os seguintes aspectos:

  1. ¿QUEN É O RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS TEUS DATOS PERSOAIS?

O responsable de tratamento dos teus datos é o CONCELLO DE CEE.

Enderezo postal: Rúa Domingo Antonio Andrade, s/n, 15270 Cee, A Coruña

Teléfono: 981.745100

Email de contacto DPD: dpd@cee.gal

O artigo 37.1 do Regulamento UE 2016/679 Xeral de Protección de Datos (RGPD), establece que as autoridades e organismos públicos teñen a obriga de designar un delegado de Protección de Datos (DPD). Conforme o citado artigo, o Concello de Cee designou a súa DPD en AEPD (Axencia Española de Protección de Datos) como pode consultar en Consulta DPD

  1. ¿PARA QUE TRATAMOS OS TEUS DATOS PERSOAIS?

Os datos que nos facilitas, así como calquera outro xerados durante o desenvolvemento da relación coas persoas usuarias, podémolos tratar para distintas finalidades en función dos servizos municipais que sexan obxecto de prestación e, en todo caso, para manter o contacto e a comunicación con estas.

Se é o caso, finalidades máis explícitas e concretas poden indicarse nas cláusulas informativas incorporadas en cada unha das vías de toma de datos (formularios web, formularios en papel, locucións ou carteis e notas informativas) para supostos concretos.

A relación actualizada das actividades de tratamento que o Concello de Cee leva a cabo atópase dispoñible no seguinte enlace ao Rexistro de actividades de tratamento.

  1. ¿CAL É A BASE XURÍDICA QUE LEXITIMA O TRATAMENTO DE TUS DATOS PERSOAIS?

O tratamento dos datos dos usuarios realízase no cumprimento de obrigas legais que lle corresponden ó Concello de Cee, o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos, a protección de intereses vitais, a execución dun contrato, e/ou pode estar tamén do superada no consentimento das persoas interesadas,  que terá que ser prestado mediante unha clara acción afirmativa. Cando o tratamento se basee no consentimento, o interesado terá dereito a retiralo en calquera momento sen que iso afecte a licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.

  1. ¿POR CUÁNTO TEMPO CONSERVAMOS TUS DATOS PERSONAIS?

Os teus datos persoais serán conservados durante non máis tempo do necesario para os fins do tratamento correspondente, salvo que se deban conservar con fins de arquivo en interese público, fins de investigación científica ou histórica ou fins estatísticos, e ata que se cumprise o prazo de prescrición de posibles responsabilidades nacidas do tratamento.

De modo que o prazo de conservación dos teus datos persoais dependerá do especificado para cada tratamento, así como o establecido na normativa de arquivos e documentación.

  1. ¿A QUEN LLE PODEMOS COMUNICAR OS TEUS DATOS PERSOAIS?

O Concello de Cee traballa en coordinación con outras administracións públicas locais, autonómicas ou estatais con competencias en materias similares ou equivalentes ás desenvolvidas polas distintas concellerías, polo que cómpre o intercambio de datos con fins de acreditación, investigación, informativos ou evitar duplicidades na prestación de servicios e axudas, ademais da cooperación con xuíces e tribunais cando estea obrigado ou sexa requirido para iso.

As administracións públicas, por outra parte, están suxeitas a un principio de transparencia regulado en normas xurídicas que obrigan a facer pública a información necesaria que permita a máis ampla participación da cidadanía e dea visibilidade á actividade relacionada co funcionamento e control da actuación pública. En todo caso o Concello de Cee procederá respectando sempre o equilibrio entre a transparencia e o dereito á protección de datos persoais.

  1. ¿CALES SON OS TEUS DEREITOS EN PROTECCIÓN DE DATOS E CÓMO PODES EXERCELOS?

A través deste enlace da nosa sede electrónica, podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidade e limitación dos teus datos, así como a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos, cando procedan, mediante escrito acompañado do DNI do interesado ó Concello de Cee, dirixido ó Rexistro Xeral:  Rúa Domingo Antonio Andrade s/n, 15270 Cee, A Coruña; ante calquera dos puntos de rexistro de entrada do Concello, ou por correo electrónico á dirección electrónica: dpd@cee.gal . Este correo só funciona para efectos de información ou consulta. O exercicio dos dereitos en materia de protección de datos debe presentarse en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Igualmente poderás formular reclamacións ante a Axencia Española de Protección de datos sita en R/ rúa Jorge Juan, 6, 28001, Madrid ou mediante a sede electrónica: https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/

  1. ¿CALES SON AS NOSAS MEDIDAS DE SEGURIDADE?

O Concello de Cee é consciente da preocupación do usuario pola seguridade, por iso optou por implementar os niveis de seguridade adaptado aos riscos das operacións de tratamento para o adecuado funcionamento, funcionalidades e dos seus servizos a Web , preservando a integridade e seguridade dos datos e relacións almacenadas co fin evitar a perda,  alteración ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, natureza, alcance, fins e contexto dos datos almacenados e os riscos ós que estean expostos xa proveñan da acción humana ou de medio físico ou natural.

  1. O CONCELLO EN RRSS

O Concello de Cee ten presenza en redes sociais. Se te faces seguidor nas redes sociais do Concello, o tratamento dos datos persoais rexerase por este punto, así como por aquelas condicións de uso, políticas de privacidade e normativas de acceso que pertenzan á rede social que proceda en cada caso e que aceptase previamente. Podes consulta-las políticas de privacidade das principais redes sociais nestes enlaces:

Facebook    

Instagram ·

Youtube

O Concello tratará os teus datos persoais coa finalidade de administrar correctamente a súa presencia na rede social, informarte das súas actividades, produtos ou servicios, así como para calquera outra finalidade que as normativas das redes sociais permitan.

En ningún caso o titular utilizará os perfís de seguidores en redes sociais para enviar publicidade de maneira individual.

TurismoCee