O Concello de Cee dispón dun punto de información catastral no propio edificio consistorial, sito na Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/n, 15270 Cee
O horario de atención ó público é os martes e xoves de 9:00 a 13:30 horas.
Servizos que oferta o Punto de Información Catastral:
- Consulta de datos catastrais non protexidos e certificación da referencia catastral.
- Consulta e certificación de datos catastrais protexidos, polo titular catastral, representante ou autorizado.
- Certificación negativa.
- Consulta polo titular catastral sobre información de solicitudes de axuda da PAC.
- Recepción, dixitalización e rexistro de escritos e documentación con incidencia catastral.
- Notificación de acordos catastrais.
- Información e asistencia ó cidadán. Confección de declaracións e utilizacións do asistente gráfico.
- Consulta e certificación de datos catastrais protexidos por titulares catastrais contiguos, titulares de dereitos reais, de arrendamento e aparcería e herdeiros.
Requisitos:
-
Libre acceso para a consulta e certificación de datos catastrais non protexidos que consten na Base de Datos Nacional de Catastro.
-
Ser titular catastral, representantes ou persoa autorizada por el, para a consulta e certificación de datos catastrais protexidos dos inmobles da súa titularidade.
Terá a condición de solicitante quen se persoe no Punto de Información Catastral e solicite algún dos servizos prestados nos PIC, con independencia de que actúe por si mesmo ou como representante ou autorizado dun terceiro, nese caso, deberá contar coa seguinte documentación:
-
Acreditación da identidade: Documento Nacional de Identidade.
- Orixinal do documento acreditativo da representación ou da autorización, ou ben copia dos mesmos, previa exhibición dos documentos orixinais.
- Copia do DNI do autorizante que acompañará ó escrito de autorización.
Se actúa mediante autorización pode empregar o seguinte modelo de autorización.
O solicitante deberá identificarse sempre ante o Punto de Información Catastral mediante a exhibición do seu Documento Nacional de Identidade ou documento identificativo equivalente, sen que sexa necesario aportar unha copia do mesmo.
A obtención de datos catastrais protexidos require unha solicitude formal que debe formularse no correspondente modelo que estará a disposición dos interesados nos Puntos de Información Catastral.
Validez e eficacia da documentación (certificado electrónico) emitido polo Punto de Información Catastral.
Os documentos xerados polo Punto de Información Catastral conterán a data da súa expedición e un código electrónico que permita a comprobación da súa integridade e autenticidade, e gozarán de plena validez e eficacia de conformidade co establecido polo artigo 96 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeneral Tributaria, e polo artigo 41 do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario.