A ría de Lires está formada pola desembocadura do río Castro, formando o límite natural entre o concello de Cee e o concello de Muxía. Situada entre o Cabo Touriñán e o Cabo Fisterra, forma parte do Lugar de Interese Comunitario Costa da Morte da Rede Natura 2000, polo seu enorme valor ecolóxico, especialmente ornitolóxico, debido a que é un lugar de paso de numerosas aves mariñas. Así pois, aquí temos unha oportunidade, para todos aqueles amantes da natureza, de deleitarse co conxunto da flora e da fauna en pleno Océano Atlántico.
A ría de Lires é a máis pequena das rías galegas, atópase na parroquia de Lires, no Concello de Cee, parroquia de gran importancia na ruta xacobea xa que o camiño de Fisterra a Muxía transcorre por está parroquia, por ese motivo en Lires podes atopar unha gran oferta hostaleira ademais é o lugar perfecto para gozar dos fabulosos solpores da Costa da Morte