Que Rosalía é un fito da escritura e cultura galega non é un segredo para ninguén. Que estivo de visita polo que hoxe é a Costa da Morte tampouco. Sen embargo, moita xente descoñece o feito de que a poetisa decidiu adicarlle uns versos ás mulleres ceenses. Uns versos, que para nós teñen un valor incalculable e que resoarán na nosa mente e alma para sempre.