INTRODUCIÓN Á RUTA
Benvidos e benvidas a Cee, unha vila que rexurdiu das súas cinzas literal e figuradamente. ¿Gustaríache coñecer os segredos que garda o pobo? ¿Interesaríache indagar na súa simboloxía, toponimia, curiosidades e historia? Pois esta ruta é para ti.
Convidámosche a facer un percorrido polo casco da vila co fin de coñecer as pegadas do pasado que seguen a estar presentes en cada un dos recunchos que constrúen o escenario cotián da vida dos ceenses.
ITINERARIO
As paradas deste itinerario constitúen os puntos de maior relevancia do pobo:
- Concello de Cee: Bandeira e Escudo.
- Monumento a Antonio Domingo de Andrade.
- Parroquia-Santuario Nosa Señora da Xunqueira.
- Museo Fernando Blanco de Lema.
- Casa de Lastres.
- Casa Guillén.
- Casa Mayán.
- Casa Mosteirín.
- Casa Michinel.
- Antigo Concello.
- Praciña de Fonte Penín e Pazo de Cotón.
- Cruceiro da Rúa Madalena.
- Instituto Fernando Blanco de Lema.
- Explicación sobre o Monte da Armada.
DURACIÓN
A duración aproximada do roteiro é de 1 hora.
RECOMENDACIÓNS
- Calzado cómodo.
- Pouco peso en bolsos e mochilas.
- Protección solar.