Cultura

A área de Cultura do Concello de Cee asume un papel moi destacado dentro dos servizos que ofrece o concello xa que Cee destaca pola súa relación coa cultura e o ocio da Costa da Morte. Seguramente, pola súa vinculación ao mundo da educación e moi da man do legado de Fernando Blanco de Lema, Cee viviu sempre moi vinculado ao terreo cultural a través do teatro, a música e a literatura, con importantes e destacados creadores e moi boa parte da poboación aficionada a estos temas. Nos últimos anos, esta relación de Cee coa cultura toma un novo impulso coa edificación de importantes infrastructuras que logran que esta vila sexa, unha vez máis, o referente cultural da Costa da Morte.

Desde esta área organízase, planificase e xestionase a actividade cultural municipal. Algunhas destes eventos culturais son celebrados en convenio con outras administración como a Deputación Provincial de A Coruña ou a Xunta de Galicia. Pero o Concello de Cee tamén promove unha serie de programas anuais e estables. Entre este cabe salientar:

  • Entroido
  • Letras Galegas
  • Verán Cultural
  • Outono Cultural
  • Nadal
  • Recital Baile Galego

Entre os obxectivos da área de Cultura está a formación tanto de nenos como de adultos poñendo á súa disposición as Axencias de Lectura de Brens e Ameixenda así como a Biblioteca Francisco Mayán en Cee cunhas modernas instalacións que contan cunha ampla dotación de libros e servicio gratuito de acceso a internet.

As artes escénicas, música e teatro, como xa mencionamos, xogan tamén un papel fundamental nas diferentes programacións ofertadas. A ampla tradición o o gran número de afecionados a elas, fan moi importante a labor das escolas relacionadas con estos eidos e que teñen un papel moi activo na actividade cultural do Concello de Cee: a Escola Municipal de Música e a Escola de Teatro.

Pero si a alguén lle debe Cee esta tradición cultural é ao filántropo Fernando Blanco de Lema, sobre todo no eido da educación. Na actualidade, a encargada da difusión da súa figura e legado é a Fundación Fernando Blanco, contando para elo sempre coa colaboración do Concello de Cee.

CONTACTO

Se necesitas contactar co Departamento de Cultura do Concello de Cee pordes facelo a través do correo electrónico: victor.castineira@cee.gal

INSTALACIÓNS ADICADAS Á ÁREA DE CULTURA

  • Biblioteca Pública Don Francisco Mayán.
  • Escola Municipal de Música.
  • Museo Fernando Blanco.
  • Salón de Actos do Concello de Cee.
  • Casas de Cultura en Ameixenda e Brens con Axencia de Lectura.

ASOCIACIÓNS CULTURAIS NO CONCELLO DE CEE

No noso concello hai tamén diferentes entidades que promoven diferentes actividades ligadas ó mundo da cultura:

  • A.R.D.C. Fumes do Cal
  • Asoc. Cultural Terra de Sena
  • A.R.D.C. Pedras Miúdas
  • Asoc. Cult. Banda de Música de Cee
  • AA.VV. Comarca de Pereiriña
  • Soc. Dep. Cultural Brens
  • Asoc. Naturista Micolóxica Pan de Raposo
  • Asociación Amigos da Banda de Música de Cee
  • Asociación As Caldeiras de Gures
  • Coral Polifónica Costa da Morte
  • Asociación Cultural Peta Forte

 

 

TurismoCee