Emprego e promoción económica

A área de Emprego e Promoción Económica de Cee é a encargada de facilitar o desenvolvemento do contorno socioeconómico do municipio así como de supervisar e fomentar a creación de emprego. Os beneficiarios de este servizo son todos os emprendedores, empresarios, comerciantes, traballadores, desempregados e, en xeral, todo aquel que pretenda poñer en marcha ou ampliar calquer proxecto empresarial.

Axencia de desenvolvemento local

O ADL ou técnico local de emprego é o responsable desta iniciativa municipal que depende orgánica e funcionalmente do Concello, carece de personalidade xurídica propia e está configurada como un servizo municipal. Na actualidade, os costes de funcionamento están cofinanciados pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego. Entre os seus obxectivos están:

  • Deseño e preparación de programas de fomento do emprego como obradoiros e proxectos como Rede Xiana en colaboración coa Deputación de A Coruña.
  • Información das axudas existentes para emprendedores, empresas, comercio e demáis colectivos.
  • Apoio a empresas locais.
  • Asesoramento aos emprendedores para a elaboración do seu Plan de Empresa.
  • Contestar as súas dúbidas sobre incentivos e axudas proporcionados pola Administración e outros organismos, asesorando sobre a vía de financiación máis idónea.
  • Deseño e organización de xornadas de formación.
  • Promover a economía social e a inserción no mundo laboral, en especial dos grupos máis desfavorecidos (xóvenes, mulleres, parados de longa duración…), ou autoemprego e a creación de novas empresas.

Contacto

Se necesitas contactar co Técnico de Emprego do Concello de Cee podes facelo a través do correo electrónico: empregocee@hotmail.com 

Enlaces de interese

Orientación laboral

O servizo de información, orientación e prospección de emprego do Concello de Cee é un servizo comarcal que abrangue aos concello de Cee, Corcubión, Fisterra, Dumbría, Muxía e parte de Vimianzo, aínda que a sede física está ubicada na Casa do Concello de Cee.

As accións realizadas por este servizo buscan mellorar a capacidade de inserción laboral das persoas en desemprego. Para logralo, lévanse a cabo unha serie de accións como son:

  • Entrevistas de orientación en profundidade para coñecer o perfil profesional-ocupacional, realizando un itinerario de inserción laboral, analizando as capacidades e creando o intinerario profesional con accións formativas concretas.
  • Información profesional dentro do espazo territotial da súa búsqueda de emprego, así como as ferramentas para a búsqueda activa de empresas incluíndo a web 2.0.
  • Certificados de profesionalidade , accións formativas para traballadores en desemprego (AFD), formación da Aula Mentor, Garantía Xuvenil…
  • Ofertas de emprego de diversos ámbitos xeográficos (local, provincial, galego, español  e europeo) e os medios de contacto, para a remisión de solicitudes de emprego, Rede Eures, contratos, inspección de traballo e apoio ao autoemprego e ás iniciativas de economía social.

Contacto

Se necesitas contactar co Departamento de Orientación Laboral do Concello de Cee podes facelo a través do correo electrónico: orientacion.laboral@cee.gal

Enlaces de interese

TurismoCee