A área de Seguridade Cidadá comprende todos aqueles organismos destinados a asegurar a convivencia pacífica, a erradicación da violencia, a utilización pacífica e ordenada de vías e de espazos públicos e, en xeral, a evitar a comisión de delitos e faltas contra as persoas ou os bens. No caso do Concello de Cee, os organismos encargados de lograr esos niveis óptimos de seguridade na poboación son: Policía Local, Protección Civil e Bombeiros.
Policía Local
Segundo a Ley Orgánica 2/86 de 13 de marzo de Forzas e Corpos de Seguridade, as funcións primarias que debe realizar son as que se enumeran a continuación:
- Protexer ás autoridades das corporacións locais, e vixilancia e custodia dos seus edificios e instalacións.
- Ordenar, señalizar e dirixir o tráfico no casco urbano, dacordo co establecido nas normas de circulación.
- Instruir atestados por accidentes de circulación dentro do casco urbano.
- Labores de Policía administrativa, no relativo ás ordenanzas, bandos e demáis disposicións municipais dentro do ámbito da súa competencia.
- Participar nas funcións de policía xudicial, na forma establecida no artigo 29.2 desta Lei.
- A prestación de auxilio, nos casos de accidente, catástrofe ou calamidade pública, participando, na forma prevista nas Leis, na execución dos plans de protección civil.
- Efectuar dilixencias de prevención e cantas actuacións sexan precisas para evitar a comisión de actos delictivos no marco de colaboración establecido nas xuntas de seguridade.
- Vixiar os espacios públicos e colaborar coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e coa policía das Comunidades Autónomas na protección das manifestacións e o mantemento da orde en grandes concentracións humanas, cando sexan requeridos para elo.
- Cooperar na resolución dos conflictos privados cuando sexan requeridos para elo.
No Concello de Cee hay 8 axentes adicados á seguridade e regulamento do tráfico.
Contacto
Se desexas poñerte en contacto coa Policía Local de Cee podes facelo a través do correo electrónico policia.local@cee.dicoruna.es.
As súas instalación atópanse na parte traseira da Casa do Concello, na rúa Lino Rodríguez Madero, s/n.
Protección Civil
En construcción. Desculpen las molestias
Bombeiros
En construcción. Desculpen as molestias.