Cee conta cun centro social de titularidade municipal para xubilados e pensionistas que leva funcionando ininterrumpidamente dende 1999. A finalizade desde lugar é, ademáis de facilitar un punto de encontro para os maiores, proporcionar unha opción diferente para desfrutar do tempo de lecer, realizando actividades do seu interese, creativas e facilitadoras dunha maior calidade de vida.
Obxectivos
- Ser un lugar de encontro, esparcemento e comunicación das personas maiores.
- Fomentar a realización de actividades de promoción da saúde, autonomía e lecer.
- Facilitar ás persoas maiores acceso a máis servizos e actividades.
- Establecer cauces de relación directos entre os usuarios, os responsables dos servizos e a administración local.
- Empuxar a apertura do colectivo ao seu contorno social e persoal.
- Atender a demanda dos usuarios e potenciar a existencia de novas demandas.
Actividades
O Centro Social de Cee realiza actividades para os usuarios durante todo o ano. Algunhas mantéñense durante todo o curso escolar, é dicir, de outubro a xuño. Outras, sen embargo, teñen un carácter máis puntual ou trimestral. Algunhas destas actividades son:
- De ocio: bingo, excursións, xogos de mesa, bailes…
- Físicas: ximnasia de mantemento, senderismo…
- Culturais: teatro, coral e pandeireta, taller de pintura óleo, manualidades, exposicións…
- Saudables: masaxes quiroprácticos, obradoiro de memoria…
- Divulgativas: charlas e tertulias radiofónicas
- Informática: iniciación a internet, uso de smartphone para maiores…
Ademáis, conta cun servizo de cafetería aberta de luns a sábados.
Información e trámites
Por outra banda, o Centro Social busca ser unha vía para informar e axudar aos usuarios nos seus trámites administrativos, entre outros:
- Pensións non contributivas
- Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda alugada
- Vacacións e termalismo do Imserso e Xunta de Galicia
- Valoración e revisión de minusvalías
- Solicitudes para o programa “Xuntos polo Nadal”
- Bono social eléctrico
- Dependencia
Horarios
Luns, sábados e domingos*: 15:45 a 20:00h
* Sen servicio de caferería.
Martes a Venres: 10:00 a 13:00 e de 15:45 a 20:00h
Contacto
Se queres poñerte en contacto co Centro Social podes facelo a través do correo electrónico maria.toba@cee.gal ou no teléfono 981 74 76 54.
Sigue ao Centro Social en Facebook