Centro de Información á Muller (CIM)
O Centro de Información á Muller do Concello de Cee é un proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia dentro do Programa apoio aos CIM da Sercretaría Xeral de Igualdade, operación cofinanciada pola Unión Europea. PO Fondo Social Europeo de Galicia 2014- 2020.
O CIM do Concello de Cee ofrece desde 2004 un servizo de asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e información encamiñada á consecución da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, garantindo en todo momento o anonimato e a privacidade nas consultas realizadas polas usuarias do servizo.
Entre as súas funcións esta a organización regular de actividades para o fomento da igualdade entre as que destacan obradoiros, exposicións, charlas, cursos e citas, como a conmemoración do 8 de marzo, “Día Internacional da Muller” e o 25 de novembro, “Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero”.
Servizos
- Teleasistencia móbil para vítimas de violencia de Xénero.
- Servizo de teletraducción en 51 idiomas
Contacto
Se estás sufrindo malos tratos ou necesitas calquer tipo de axuda ou asesoramento do Centro de Información á Muller podes facelo nos teléfonos 607 02 67 95 / 662 62 56 36 / 981 74 51 00.
Ou acudir ás oficinas do CIM na Casa do Concello, rúa Domingo Antonio de Andrade, s/n . 2º andar.
Horario de atención ao público
De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.
- Dirección: luns, martes, mercóres, xoves e venres.
- Asesoría psicolóxica: luns, martes, mercóres, xoves e venres.
- Asesoría xurídica: luns e mércores mediante cita previa.
En caso de estar sufrindo malos tratos…
Recursos contra a Violencia de Xénero
Ónde dirixirse
Recomendacións e directorio de teléfonos para chamar en caso de detectar violencia de xénero.
Se quere denunciar pode dirixirse a:
- Policía Autonómica
- Comisaría de Policia
- Cuarteis da Garda civil
- Xulgado de Garda
- CIM
Non esqueza incluír na denuncia:
- Testemuñas, se as hai
- Se hai lesións, inclúa a copia do parte médico de lesións
- Identifique correctamente o agresor
- Solicite unha copia da denuncia
Se ten que marchar da casa, non esqueza:
- DNI
- Tarxeta da Seguridade Social
- Libro de familia
- Libreta de aforros ou datos da conta corrente
Teléfonos de interese: 016
- Teléfono da muller:900 400 273
- Gardia civil: 062
- Urxencias xerais: 112
- Policía local: 607437626
- Urxencias médicas: 061
- Atención telefónica para mulleres xordas: 900 152 152
- Emume (Equipo da Muller/Menor da Garda Civil):981 151 040/062