Servizo de Educación Familiar

O Servizo de Educación Familiar, encádrase dentro do departamento de Servizos Sociais e depende da Concellería de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego; consta dunha técnico que é a encargada de realizar as seguintes funcións:

  • Intervención persoalizada coas familias en risco de exclusión nas que existen menores ao cargo.
  • Deseño e posta en marcha de proxectos de intervención social para cada familia en función das necesidades que presenten.
  • Elaboración e emisión de informes socio-familiares, a petición doutros organismos e/ou para facer derivacións.
  • Intervención e detección de necesidades educativas, sociales, laborales, de saúde, … en coordinación directa con outros organismos (hospitais, centro médico,centros educativos, xulgados, equipo de menores, garda cicil,…).
  • Fomentar a adquisión e/ou mellora das habilidades básicas nos pais para acadar unha convivencia estable e uns coidados básicos axeitados cara os menores.
  • Evitar, na medida posible, a institucionalización dos menores, promovendo a súa estancia con unha familia.
  • Promover a participación das familias en tódolos ámbitos da sociedade, co fin de evitar unha situación de exclusión.
  • Elaboración e posta en marcha de plans de traballo de usuarios derivados pola Traballadora Social.
  • Coordinación con asociacións públicas e/ou privadas, co obxeto de mellorar a accesibilidade do concello (colocación de pictogramas).
  • Organización e coordinación de charlas informativas, sobre diversos temas.
  • Organización e reparto dos alimentos da Cruz Vermella.
  • Elaboración, organización e posta en marcha do PROGRAMA CARTAFOL, que consiste na recollida e doazón de material escolar por parte dos veciños e veciñas e dos establecementos do Concello, para entregar aos menores con poucos recursos económicos.
  • Elaboración, organización e posta en marcha do PROGRAMA XOGAMOS NO NADAL, que consiste na recollida de xoguetes e libros para entregar ás familias do Concello que teñan nenos e que se atopen nunha situación de exclusión.

Contacto

Se queres poñerte en contacto co Servizo de Educación Familar do Concello de Cee, podes facelo no

981 745 100 ou 687 69 20 75.

TurismoCee