Un ano máis comezan as Andainas “Coñece a Costa da Morte”. Esta 5ª edición está novamente organizada polos Departamentos de Deportes dos concellos de Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Ponteceso e Vimianzo. As andainas supoñen a excusa perfecta para coñocer novos e fermosos paraxes da Costa da Morte mentres se practica deporte e se disfruta da natureza.
Calendario
1 de abril Dumbría: Olveiroa, río e pedra (lineal).
8 de abril Cee: Da Xunqueira a San Estevo: tralas pegadas dos nosos ancestros (lineal).
22 de abril Ponteceso: Pazos e río Anllóns (lineal).
6 de maio Camariñas: De costa a costa (circular).
13 de maio Muxía: Ponte Constante-Caldeiras do Castro (lineal).
20 de maio Corcubión & Fisterra: De faro a faro polo Camiño de Santiago (lineal).
03 de xuño Vimianzo: Os muíños de Cambeda (circular).
10 de xuño Mazaricos: Ruta da Pontenoca (circular).
Distancias e horarios
- As distancias das rutas poderán variar entre os 10 e os 15 quilómetros.
- A organización poderá modificar o percorrido previsto se o estima oportuno.
- As andainas comezarán ás 10:00 am e rematarán entre as 13:00 e as 14:00 pm, dependendo do traxecto.
Inscrición
- Para participar no prgrama de andainas debes inscribirte no teu concello.
- No caso de non pertencer a ningún dos concellos organizadores, poderás inscribirte en calquera deles.
- Poderán participar nenos a partir dos 7 anos, acompañados dun adulto responsable (ata 16 anos) e os pais deberán asinar unha autorización.
- O prazo de incrición rematará o xoves previo á realización da actividade.
- Todos os participantes estarán cubertos por un seguro de accidente.
Buses
- Cada concello fretará un autobús para o desprazamento dos participantes, sempre que haxa un mínimo de 15 inscritos. en caso contrario os participantes deberán desprazarse pola súa conta ata o punto de partida.
En Cee, a inscrición debe realizarse no Servizo de deportes do Concello de Cee ou ben a través do seu teléfono 981745100 (ext. 3), no correo electrónico deportes@concellocee.es ou por whatsapp no 687690982.