O Día das Letras Galegas deste 2017, será adicado a Carlos Casares, un dos autores en lingua galega máis relevantes do S. XX.
Capaz como ningún otro de chegar a novos públicos, Carlos Casares foi un defensor como poucos da lingua galega que participou, ademáis, de maneira moi activa da política de Galicia. A Real Academia Galega considerouno idóneo como poucos para protagonizar este día tan importante para a literatura galega.
En Cee, tamén queremos rendirlle a nosa pequena homenaxe a Carlos Casares e, por suposto, á lingua galega. Éste será o programa cultural preparado para éstes días:
Programa Cultural Letras Galegas 2017
* Luns 15: Auditorio da Casa de Cultura ás 11.00 h.
Martín Camiña: A maxia de Carlos Casares.
* Martes 16: Sala de Conferencias da Casa de Cultura ás 18.00 h.
Entrega de premios do XXVI Concurso de Achegamento ó Libro.
* Mércores 17: Auditorio da Casa de Cultura ás 11.30 h.
Acto do descubrimento da placa co nome de Baldomero Cores.
Coas intervencións da súa viúva, Aurora Lamas, o xornalista Luis Pousa e o alcalde, Ramón Vigo. Finalmente, terá lugar un concerto a cargo de Fernando Fraga e Oscar Ibáñez.
* Xoves 18: Auditorio da Casa de Cultura ás 11.00 h.
Teatro dos Ghazafelhos: Camiñando entre as estrelas.
* Do 6 ó 26 de maio: Biblioteca Municipal Francisco Mayán.
Mostra sobre a obra e vida de Carlos Casares.