PROGRAMA DEPORTIVO MUNICIPAL VERÁN 2026

A programación deportiva municipal do verán 2026 presentouse esta mañá (29/05/2026) en rolda de prensa pola alcaldesa de Cee, Margot Lamela, o concelleiro de Deportes, Alfonso Canosa e o técnico municipal de deportes, Manolo Calo

Podes consultar aquí todas as actividades:

Skip to PDF content

XI CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CEE


Destinatarios: a partir dos 3 anos (nados no 2023 e anteriores).
Día: sábado 18 de xullo.
Horarios, categorías e distancias:

HORA CATEGORÍA DISTANCIAS
20.00 horas PITUFO 400 m.
20.10 horas SUB 10 1.200 m.
20.25 horas SUB 12 1.200 m.
20.40 horas SENIOR 3K 3.100 m.
20.42 horas SUB 14-16-18 3.100 m.
21.10 horas SENIOR 10K 9.300 m.

Itinerario: núcleo urbano da vila.
Inscrición: na web www.correndopolacostadamorte.com, ata o 14 de xullo ás 23:59 horas.
Mais información: na web municipal www.cee.gal, no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100

XI DÍA DO DEPORTE NA RÚA


Xornada lúdica e festiva na que os clubs deportivos da vila sacan ás rúas de Cee as actividades que desenvolven ao longo de todo o ano no concello,
baloncesto, atletismo, fútbol, fútbol sala, deportes de contacto, taekwondo, baile deportivo, tenis de mesa, kick boxing, etc … serán algunhas das disciplinas deportivas que se poderán practicar.

Destinatarios: toda a poboación.
Día: Venres 3 de xullo.
Horario: das 17:30 ás 20:00 horas.
Localizacións: praza 8 de Marzo, rúa Domingo Antonio de Andrade e praza da Constitución.
Inscrición: gratuíta.
Mais información: na web municipal www.cee.gal, no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100

XXIII DÍA DA BICICLETA CONCELLO DE CEE


As bicicletas percorrerán o concello de Cee grazas á colaboración do Club Ciclista Cee.
A finalidade deste evento non é outro que estimular o uso da bicicleta como medio de locomoción alternativo, ademais de ser beneficioso para a saúde e respectuoso co medio ambiente.
Destinatarios: a partir dos 4 anos de idade (nados no 2022 e anteriores).
Aviso: o uso do casco é obrigatorio.
Día: sábado 11 de xullo
Horario: as 11.00 h.
Lugar de saída: Praza 8 de marzo (Praza da muller)
Inscrición gratuíta: na oficina do Servizo de Deportes Municipal (1º andar) ata o xoves 9 de xullo ás 14.00 h.
Mais información: no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100

III TORNEO DE BALONCESTO 3X3

Terceira edición do torneo basket 3×3 organizado polo club local de baloncesto “A.C.B. Costa da Morte”, coa colaboración do Concello de Cee.

Destinatarios: categorías infantil, cadete, sénior e vintage (maiores de 40 anos) (mixtas)
Días: sábado 1 de agosto e domingo 2 de agosto
Inscricións e máis información: no teléfono 658.696.259 ou ben no email acbcostadamorte@hotmail.com

IX CAMPUS DE FÚTBOL SALA  F.S.F. VILLA DE CEE 2026


Organizado polo club local de fútbol sala “F.S.F. Villa de Cee”.

• Días: do  22 de xuño ao 27 de xuño
• Horario: das 10.00  ás 13:00 horas.
• Instalación: Pavillón Municipal de Cee.
• Inscrición:ata o xoves 18 de xuño no whatsapp do club teléfono 679.012.595

• Máis información: na oficina do Servizo de Deportes Municipal (1º andar), no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100

DEPORCAMPUS RC DEPORTIVO CEE VERÁN 2026


Campus de fútbol organizado pola “Fundación RC Deportivo” e impartido por adestradores do Real Club Deportivo.
Esta actividade, que conta coa colaboración da S.R.D. Unión Club Cee, inclúe unha equipación deportiva, almorzo, diploma, sorteo de agasallos e merenda individual.
• Destinatarios: nenos e nenas de 6 a 14 anos.
• Días: do 29 de xuño ao 3 de xullo.
• Instalación: Estadio Municipal de Fútbol S. Paio de Refoxos Cee.
• Mais información: no email deporcampus@rcdeportivo.es

III CAMPUS DE ATLETISMO “ASOCIACIÓN DEPORTIVA OLIMPIA” CEE VERÁN 2026


Organizado polo club local de atletismo “Asociación Deportiva Olimpia”, coa colaboración do Concello de Cee.
• Destinatarios: nenos e nenas de 5 a 16 anos (nados 2021- 2010).
• Días: do luns 24 ao venres 28 de agosto.
• Horario: das 10:30 ás 12:30 horas.
• Instalación: Estadio Municipal de Fútbol San Paio de Refoxos (pista de atletismo)
• Inscricións e máis información: nos teléfonos 627.183.915 – 695.193.463 ou ben no email adolimpiadecee@gmail.com

XVII CAMPUS DE BALONCESTO “A.C.B. COSTA DA MORTE” CEE VERÁN 2025


Campus de baloncesto organizado polo club local de baloncesto “A.C.B. Costa da Morte”. Nesta actividade traballaranse dun xeito lúdico e divertido os fundamentos técnicos do baloncesto: movemento de mans e pés de forma equilibrada, o pase, a recepción do balón, o bote, o tiro a canastra, os principios básicos da defensa e o ataque,…
Destinatarios: rapaces e rapazas nados do 2009-2020.
•Do 1 de xullo ao 14 de agosto
Grupos, horarios e prezos:
 Turno 1 (nados 2009-2014): martes e xoves das 10:00 ás 13:00 horas. 
 Turno 2 (nados 2015-2020): Luns, mércores e venres das 10:00 ás 13:00 horas
Instalación:Pavillón Municipal de Cee.
Inscrición e máis información:  inscricións dende o 19 de xuño no email do club acbcostadamorte@hotmail.com, ou no teléfono 658.696.259

CAMPUS DE FÚTBOL“S.R.D. UNIÓN CLUB CEE” VERÁN 2026

Actividades organizadas polo club local de fútbol “S.R.D. Unión Club Cee” durante o mes de xullo, no Estadio Municipal de Fútbol S. Paio de Refoxos de Cee.

CAMPUS DE TÉCNIFICACIÓN (do 6 de xullo ao 31 de xullo)



Destinatarios: nenos e nenas nados entre o 2012-2022

Grupos, días e horarios:
Grupo 1 (nados entre 2012-2017): luns, mércores e venres das 10:00 ás 11:30 horas.
Grupo 2 (nados entre 2018-2022): luns, mércores e venres das 11:30 ás 13:00 horas.

Inscrición e mais información: A partir do 5 de xuño no teléfono 658.973.844 (Abraham) ou ben no correo electrónico unionclubcee@gmail.com

CAMPAMENTO FÚTBOL FEMININO (do 7 ao 30 de xullo)


Destinatarios: nenas nadas entre 2008-2022
Días e horarios: martes e xoves das 11:00 ás 12:30 horas.
Lugar: Estadio Municipal de San Paio de Refoxos.
Inscrición e mais información: A partir do 5 de xuño no teléfono 658.973.844 (Abraham) ou ben no correo electrónico unionclubcee@gmail.com

ESCOLA DE VERÁN “CLUB CEE DEPORTES DE CONTACTO” VERÁN 2026


Escola organizada polo “Club Cee deportes de Contacto”. O taekwon-do ITF e kick boxing serán as disciplinas que se desenvolverán nesta escola deportiva.

Destinatarios: nenos e nenas a partir dos 4 anos de idade.
Días: luns, mércores e venres (durante os meses de xullo e agosto).
Grupos e horarios:
Grupo 1 (a partir dos 16 anos): das 10:00 ás 11:30 horas.
Grupo 2 (de 9 a 15 anos): das 11:30 ás 12:30 horas.
Grupo 3 (de 4 a 8 anos): das 12:30 ás 13:30 horas.
Instalación: Pavillón Municipal de Brens.

Inscrición e máis información: no teléfono do club 661.910.234 ou ben no email clubceedc@hotmail.es

IV CAMPUS DE TENIS DE MESA “A.D. ZAS” CEE VERÁN 2026


Organizado polo club de tenis de mesa “Agrupación Deportiva Zas”.

Coa intención de promocionar a práctica desta disciplina deportiva, desenvolverase dun xeito lúdico-recreativo aspectos técnico-tácticos para entender o tenis de mesa, tipos de golpes, regras principais, postura entre outros.

Destinatarios: nenos e nenas a partir dos 7 anos.
Días: luns e mércores.
Datas: do 6 de xullo ao 26 de agosto
Horarios: das 11:00 ás 13:00 horas.
Instalación: Pavillón Municipal de Cee.

Inscrición gratuíta: no teléfono do club 653.336.768 (A.D. Zas) ou na oficina do Servizo de Deportes Municipal (1º andar), no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100

CAMPUS MULTIDEPORTE “PISCINA MUNICIPAL DE CEE” VERÁN 2026

Piscina, excursións, inchables, deportes de loita, clases dirixidas, obradoiros de manualidades, etc.
• Destinatarios: nenos e nenas de 4 a 10 anos.
• Datas: do 1 ao 14 de xullo.
• Horarios: das 10:00 ás 14:00 horas.
• Instalacións: complexo deportivo da Piscina Municipal de Cee.
Prezos:
 74,33 € (ABONADOS)
 148,64 € (NON ABONADOS)
Máis información: na recepción da piscina, chamando aos teléfonos 981.745201 – 648.017.280 ou ben no email info@viraxes.com

CAMPUS DE VERÁN “CLUB ARTE E MOVEMENTO”  2026

Actividades organizadas polo club local “Club Arte e Movemento” durante os meses de xullo e agosto.


nformación (horarios, idades, grupos,…): no teléfono 607.323.391 ou info@arteemovemento.com

CAMPUS DE KICK BOXING “CLUB DEPORTIVO DAFIT” CEE VERÁN 2026

Campus organizado polo “Club Deportivo Dafit”, coa colaboración do Concello de Cee.
O kick boxing é a disciplina que se desenvolverá neste campus.
KICK BOXING
Grupo +14 anos e adultos: martes e xoves das 20:30 ás 21:45 horas.
Instalación: DAFIT Centro de Entrenamiento.
Inscrición e máis información: no teléfono do club 620.719.896 ou ben no email clubdeportivodafit@gmail.com

CAMPUS DE VERÁN “CLUB TAEKWONDO JUAN CEE” 2026


Actividades organizadas polo “Club Taekwondo Juan Cee” durante os meses de xullo e agosto

Taekwondo

Martes e xoves

  • Horarios: 11.00 – 12.00 h. / 12.00 h. – 13.00 h. / 20.00 – 21.00 h. / 21.00 – 22.00 h

Martes e xoves

  • Horarios: 20.00 – 21.00 h. / 21.00 – 22.00 h

Acrobacias

Mércores

  • Horarios: 11.00 – 12.00 h. / 12.00 h. – 13.00 h.

Inscrición e mais información no teléfono 661.910.411 e Instagram. taekwondo_juan

Deixa un comentario