Programación Deportiva Municipal Verán 2018

Descubre as actividades da programación deportiva municipal para o verán 2018. Campamentos multiaventura, baloncesto, fútbol sala e moito máis.

A programación deportiva municipal do verán 2018 foi presentada esta mañá (6 de xuño) en rolda de prensa polo alcalde, Ramón Vigo, a concelleira de deportes, Camola Díaz, e o técnico municipal de deporates, Manolo Calo.

Como cada ano, o deporte invadirá as rúas de Cee con diferentes actividades destinadas a ceenses de todas as idades.

Podes consultar aquí todas as actividades:

V CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CEE

Dentro do programa “Correndo pola Costa da Morte” e do VI Circuito Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, se celebrará en Cee a V Carreira Popular do Concello de Cee destinada a toda a poboación a partir dos 3 anos de idade. Será en Cee o sábado 23 de xuño a partir das 17:30h.

4º CAMPUS FÚTBOL SALA FSF VILLA DE CEE

O Campus de futbol sala organiado polo F.S. de futbol sala feminino Vila de Cee será impartido por adestradores e xogadores de referencia no futbol sala galego e nacional. Os participantes desfrutarán de merenda mediodía, camiseta, diploma e 1 sesión gratuita nos cines Xunqueira.

Destinatarios: nenos e nenas de 5 a 14 anos

Datas: do 25 ao 30 de xuño de

Horarios: de 10 a 13:30h

Instalacións: pavillóns municipais de Cee e Brens.

Inscrición: no 607756868, no mail monxestion@gmail.com ou na oficina do Servizo de Deportes do Concello de Cee (981745100).

Prezo: 35€/ campus e para socios F.S.F. Villa de Cee, 25€ campus.

O prazo de inscrición rematará o venres 22 de xuño.

 

CAMPAMENTOS VERÁN ATLANTIS ADVENTURE

Campamentos de verán organizados por Atlantis Adventure coa colaboración do Concello de Cee.

Modalidades segundo idades:

SUMMER ADVENTURE

Xogos cooperativos, inxenio, multiaventura…

Destinatarios: nenos e nenas de 5 a 10 anos

TROTAVENTUREROS

Estratexia, búsqueda tesouro, paintball, tirolina…

Destinatarios: nenos e nenas de 11 a 14 anos

INFORMACIÓN

Quendas (6): 25-29 xuño, 2-6 xullo, 9-13 xullo, 16-20 xullo, 23-27 xullo e 30 xullo- 3 agosto.

Datas: comezo o luns 25 de xuño

Horarios: de 9:30 a 14:00h

Instalacións: ao aire libre e cubertas..

Prezo: 68€/semana e para socios F.S.F. Villa de Cee, 25€ campus.

Inscrición: no 981706087- 637507702 e na web www.atlantisadventura.com

O prazo de inscrición rematará o venres 22 de xuño.

COASTEERING “CASTELO DO CARDEAL”

Actividade multidisciplinar que mestura 3 das máis divertidas e actuais prácticas do sector de aventura (treeking, kayaking e tirolina) organizado por Atlantis Adventure.

Destinatarios: apartir de 13 anos. Grupos de 16 persoas e data a concretar.

Prezo: 16 anos.

Máis info e inscrición: nos teléfonos 981706087 e na web www.atlantisadventura.com

CAMPUS FÚTBOL 8 UNIÓN CLUB CEE

Campus de fútbol 8 impartido por la SDR Unión Club Cee durante el mes de julio.

Destinatarios: niños y niñas de 6 a 9 años (nacidos entre los años 2012-2007).

Días: martes y jueves.

Fechas: inicio martes 3 de julio.

Horarios: grupo de iniciación de 10 a 12:00h / grupo de tecnificación de 12 a 14h.

Instalaciones: Estadio Municipal de Fútbol San Paio de Refoxos de Cee.

Inscripción: en la oficina del Servicio de Deportes del Ayuntamiento de Cee (981745100).

Precio: 30€/ campus (2º hermano 15€).

El plazo de inscripción terminará el miércoles 27 de junio.

 

 

X CAMPUS BASKET A.C. BALONCESTO COSTA DA MORTE

Campus de baloncesto impartido polo club A.C.B. Costa da Morte de Cee que incluirá: inglés, talleres de manualidades, xogos populares… durante os meses de xullo e agosto.

Destinatarios: nenos e nenas de 5 a 11 anos (nados entre os anos 2013-2007).

Días: martes e xoves. Comezo do campus o martes 3 de xullo.

Horario: das 10 ás 13h.

Instalación: pavillón municipal de cee.

Inscrición: oficina de Servizos de Deportes do Concello de Cee (981745100).

Prezo: 30€/mes.

 

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Organizados pola Deputación Porvincial da Coruña. A estancia e manutención realizarase nas instalacións do Colexio Calvo Sotelo no Concello da Coruña (rúa Archer Milton Huntington, 24).

Destinatarios: nenos e nenas de 9 a 14 anos (nados entre os anos 2009- 2004)

Días: do 22 ao 27 de xullo (4ª quenda).

Nº prazas: 3

Inscrición: oficina do Servizo de Deportes do Concello de Cee (981745100).

O prazo rematará o 15 de xuño ás 13:30h

Prezo: 85€

 

CAMPUS “CLUB ARTE E MOVEMENTO”

Poboación infantil

Campus TECDANCE baile deportivo: 20€/campus

Días: os venres 29 de xuño e 6, 13, 20 de xullo das 12 ás 13h

Día do Amigo A&M DANCE (gratuito): venres 6 de xullo das 10:30h ás 12:00h. Deberase ir acompañado dun alumno do club.

Campus TAETEC taekwondo: 25€/campus

Días: os martes e xoves das 12:00 ás 13:00h (de 5 a 9 anos), de 11 a 12h (a partir de 10 anos).

Día do Amigo A&M TAEKWONDO (gratuito): venres 13 de xullo das 10:30h ás 12:·0h. Deberase ir acompañado dun alumno do club.

 

Poboación adulta

Curso intensico BACHATA (12€/curso): martes 2 e xoves 5 de xullo ás 21:15h

Curso intensico CUMBIA (12€/curso): martes 17 e xoves 19 de xullo ás 21:15h

Curso intensico SALSA (12€/curso): martes 24 e xoves 26 de xullo ás 21:15h

Curso verán BAILES CARIBEÑOS merengue, salsa, bachata (20€/curso): venres 29 de xuño e 6, 13, 20 de xullo ás 21:30h

Inscrición e información: 607323391

 

5ª EDICIÓN “DÍA DO DEPORTE NA RÚA”

Xornada lúdica e festiva onde os axentes deportivos que traballan a actividade físico-deportiva a nivel local serán os principais protagonistas. O baloncesto, fútbol sala, atletismo, ciclismo, deportes de contacto, etc. serán algunhas das modalidades que se poderán practicar.

Destinatarios: aberto a toda a poboación.

IMPORTANTE: as pesoas interesadas en participar na actividade de ciclismo será preciso que asistan con bicicleta e casco.

Data: sábado 14 de xullo.

Horario: das 11:30 ás 14:00h.

Lugar: praza do 8 de marzo, rúa Domingo Antonio de Andrade de Cee e na praza da Constitución.

 

17ª EDICIÓN “DÍA DA BICICLETA”

As bicicletas percorrerán as rúas do Concello de Cee grazas á iniciativa promovida, un ano máis, pola Voz de Galicia e Radio Voz co obxectivo de estimular o seu uso como medio de locomoción alternativo ademáis de beneficios para a saúde e respetuoso co medio.

Destinatarios: aberto a toda a poboación. O uso do casco será obrigatorio.

Data: domingo 29 de xullo.

Horario: das 11 ás 13:30h.

Lugar da saída e chegada: saída ás 11h diante do Centro Comercial Finis Terrae e chagada no Paseo do Alcalde Pepe Sánchez de Cee.

Inscrición: oficina de Servizo de Deportes do Concello de Cee (981745100)

Nota: o prazo de inscrición rematará o venres 27 de xullo.

 

DEPORTES NÁUTICOS CONCELLO DE CEE

Navegación a vela lixeira, kayaks e talleres náuticos. A actividade será impartida pola Escola de Vela Cataventos.

Destinatarios: nenos e nenas de 8 a 16 anos.

Data: semana do 25 ao 29 de xuño (5 días).

Horario: das 11 ás 14h.

Inscrición: oficina do Servizo de Deportes do Concello de Cee (981745100) ou ben chamando ao 666369324.

Prezo: 45€/semana.

 

Deixa un comentario

TurismoCee