Declaración institucional aprobada por unanimidade no pleno extraordinario do día 16 de maio de 2017 convocado ante a solicitude da empresa Ferroatlántica ante a Xunta de Galicia para a segregación das centrais hidroeléctricas dos ríos Xallas e Grande das fábricas de Cee e Dumbría.
Cee
“Lembrando a Baldomero Cores”: homenaxe do Concello de Cee. Maio 2017
O Concello de Cee dedicará o mes de maio a Baldomero Cores cunha serie de actos homenaxe que levarán por nome “Lembrando a Baldomero Cores”.
Andaina Concello de Cee: “Da Xunqueira a San Estevo: tralas pegadas dos nosos ancestros”
O vindeiro sábado, 8 de abril, terá lugar a andaina popular do Concello de Cee que se enmarca dentro do ciclo “Andainas Coñece a Costa da Morte”. Será unha andaina lineal que leva por nome “Da Xunqueira a Santo Estevo: tralas pegadas dos nosos ancestros”; e que sairá ás 10h do Paseo do Alcalde Don Pepe Sánchez e chegará ata Lires. O percorrido é de 10´64 quilómetros e tardarase aproximadamente 3h. Acompáñanos!
Cee presenta o programa Apego
Cee únese ao programa Apego que busca a socialización en galego para os nenos de 0 a 6 anos a través de actividades ou recursos dispoñibles en apego.gal.
FEAFES Galicia achégase ao Concello de Cee para asesorar sobre emprego
Como Centro Colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia, a Federación galega de Saúde Mental desprázase ata o concello ceense para prestar os seus servizos.
Campaña sobre reciclaxe en Cee e Lires
O domingo, 22 de xaneiro, os ceenses temos unha cita coa reciclaxe a través da campaña “Isto non é unha lata” de Sogama, Ecoembes e a Xunta de Galicia. Este programa busca concienciar aos cidadáns e fomentar as boas prácticas no tratamento de residuos o que ofrece novas oportunidades de …