O Día das Letras Galegas deste 2017, será adicado a Carlos Casares, un dos autores en lingua galega máis relevantes do S. XX.
galego
Espectáculo para crianzas de 0 a 3 anos con Trompicallo: O día que chegou unha nube e choveu
O sábado 22 de abril o Concello de Cee acollerá un novo espectáculo teatral especialmente pensado para crianzas de ata 3 anos. A actividade está limitada a 50 familias (un adulto por cada menor).
Dentro do programa cultural do Concello de Cee e do programa de Normalización Lingüística “Primavera con Apego“, o sábado 22 de abril, Trompicallo presenta unha obra especialmente pensada para crianzas de 0 a 3 anos na que… “Había unha vez, que non había nada, só pedras. Entón chegou unha nube, choveu e formouse un manantial. Coa chegada da auga creceu a herba, e na herba as flores e as árbores, na auga naceros os peixes e as ras, despois chegaron os insectos, as ovellas, o lobo… en fin, a vida. Pero, que acontece cando un día a auga desaparece?”
O espectáculo presentado por Trompicallo, vellos coñecidos do teatro ceense, forma parte do programa “Primavera con Apego” no que se desenvolverán diferentes actividades para a socialización en galego na infancia. É froito da colaboración do Concello de Cee e da Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia.
Para conseguir a túa entrada, podes inscribirte no Servizo de Normalización Lingüística do concello (as prazas serán adxudicadas en rigoroso orde de inscrición e terán preferencia as crianzas empadroadas en Cee) ou ben comprala en taquillas, que se abrirá 45 minutos antes da hora prevista de comezo.
“O día que chegou unha nube e choveu” de Trompicallo
Idade: 0 a 3 anos
Data: sábado, 22 de abril
Horario: 18h
Espazo: Auditorio Baldomero Cores
Prezo: 2€ neno e 3€ adulto
Probas CELGA 2017: probas
A Xunta de Galicia ven de convocar as probas para a obtención dos certificados de lingua galega no ano 2017.
Cee presenta o programa Apego
Cee únese ao programa Apego que busca a socialización en galego para os nenos de 0 a 6 anos a través de actividades ou recursos dispoñibles en apego.gal.