A partir de hoxe, venres 9 de xuño, están abertas as inscricións para participar nas diferentes actividades ofertadas na PROGRAMACIÓN DEPORTIVA MUNICIPAL CEE VERÁN 2017.
infantil
Cee Verán 2017: campamentos deportivos Deputación da Coruña
A Deputación da Coruña organiza, como cada verán, campamentos deportivos para os nenos da provincia. Este 2017, ao Concello de Cee lle conceden 3 prazas para nenos empadroados.
Espectáculo para nenos con Ghazafelhos: “Iriña Bailarina”
O sábado 29 de abril, Teatro dos Ghazafelhos representará en Cee o seu espectáculo “Iriña Bailarina” para nenos maiores de 5 anos.
Campamentos de Verán 2017. Xunta de Galicia
Espectáculo para crianzas de 0 a 3 anos con Trompicallo: O día que chegou unha nube e choveu
O sábado 22 de abril o Concello de Cee acollerá un novo espectáculo teatral especialmente pensado para crianzas de ata 3 anos. A actividade está limitada a 50 familias (un adulto por cada menor).
Dentro do programa cultural do Concello de Cee e do programa de Normalización Lingüística “Primavera con Apego“, o sábado 22 de abril, Trompicallo presenta unha obra especialmente pensada para crianzas de 0 a 3 anos na que… “Había unha vez, que non había nada, só pedras. Entón chegou unha nube, choveu e formouse un manantial. Coa chegada da auga creceu a herba, e na herba as flores e as árbores, na auga naceros os peixes e as ras, despois chegaron os insectos, as ovellas, o lobo… en fin, a vida. Pero, que acontece cando un día a auga desaparece?”
O espectáculo presentado por Trompicallo, vellos coñecidos do teatro ceense, forma parte do programa “Primavera con Apego” no que se desenvolverán diferentes actividades para a socialización en galego na infancia. É froito da colaboración do Concello de Cee e da Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia.
Para conseguir a túa entrada, podes inscribirte no Servizo de Normalización Lingüística do concello (as prazas serán adxudicadas en rigoroso orde de inscrición e terán preferencia as crianzas empadroadas en Cee) ou ben comprala en taquillas, que se abrirá 45 minutos antes da hora prevista de comezo.
“O día que chegou unha nube e choveu” de Trompicallo
Idade: 0 a 3 anos
Data: sábado, 22 de abril
Horario: 18h
Espazo: Auditorio Baldomero Cores
Prezo: 2€ neno e 3€ adulto
Renovacións e novos ingresos na Escoliña
A Escola Infantil Municipal de Cee abre o prazo para as renovacións e os novos ingresos para o vindeiro curso 2017/2018.
“A Cincenta” de Teatro do Andamio en Cee para nenos
O sábado 8 de abril, Teatro do Andamio representará en Cee o seu espectáculo “La Cenicienta” para nenos maiores de 4 anos.
Espectáculo para crianzas de 0 a 3 anos con Títeres Cachirulo: Cu cú, Tas Tás
O sábado 1 de abril, por primeira vez, o Concello de Cee acollerá un espectáculo teatral especialmente pensado para crianzas de ata 3 anos. A actividade está limitada a 50 familias (un adulto por cada menor).
Cee participará un ano máis no programa “O mar na Escola”
Os escolares do Concello de Cee forman parte dos casi 400 nenos e nenas que participan este ano no programa de achegamento ao mar. Ademáis de Cee, forman parte os concellos de Muxía, Dumbría, Corcubión, Camariñas e Fisterra.
Cee presenta o programa Apego
Cee únese ao programa Apego que busca a socialización en galego para os nenos de 0 a 6 anos a través de actividades ou recursos dispoñibles en apego.gal.