Maio en Galicia é sinónimo de letras. Cee non pode ser menos, neste mes, conmemoramos as Letras Galegas con diferentes actividades culturais que terán como centro neurálxico a Casa da Cultura.
LETRAS GALEGAS 2022
FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN. O POETA DE VALDEORRAS As Letras Galegas deste ano 2022 van dedicadas á figura e a obra de Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo de Valdeorras, 1903 – Fair Oaks, California, 1987). A súa biografía, como sucedeu con outros autores recentes (Antonio Fraguas, Ricardo Carvalho Calero), percorre practicamente todo …