O vindeiro día 8 de agosto se celebrará no estadio Abanca- Riazor a XXXIV Edición do Trofeo Manolo Martín, que disputarán os equipos Deportivo B e Real Madrid Castilla. O Concello de Cee dispón de entradas infantiles gratuitas.
nenos
Día da Bicicleta. Cee, 23 de xullo de 2017
O Día da Bicicleta terá lugar en Cee, o 23 de xullo de 2017. Farase un recorrido pola vila na que o uso do casco é obrigatorio. Queremos que o Día da Bicicleta siga sendo unha homenaxe a ese vehículo tan popular e entrañable para pequenos e maiores. Trátase …
IV Día do deporte na rúa. Cee 2017
O IV Día do Deporte na rúa do Concello de Cee é unha desde citas ineludibles do verán na Costa da Morte. Nesta ocasión será o sábado, 15 de xullo de 11 a 14h. ¡A xogar!
Listado de admisións e renovacións na Escola Infantil. Curso 2017/2018
Listado provisional de baremación das solicitudes de prazas para a gardería municipal no curso 2017/2018.
Programación deportiva Cee Verán 2017
A partir de hoxe, venres 9 de xuño, están abertas as inscricións para participar nas diferentes actividades ofertadas na PROGRAMACIÓN DEPORTIVA MUNICIPAL CEE VERÁN 2017.
Cee Verán 2017: campamentos deportivos Deputación da Coruña
A Deputación da Coruña organiza, como cada verán, campamentos deportivos para os nenos da provincia. Este 2017, ao Concello de Cee lle conceden 3 prazas para nenos empadroados.
Espectáculo para nenos con Ghazafelhos: “Iriña Bailarina”
O sábado 29 de abril, Teatro dos Ghazafelhos representará en Cee o seu espectáculo “Iriña Bailarina” para nenos maiores de 5 anos.
Campamentos de Verán 2017. Xunta de Galicia
Espectáculo para crianzas de 0 a 3 anos con Trompicallo: O día que chegou unha nube e choveu
O sábado 22 de abril o Concello de Cee acollerá un novo espectáculo teatral especialmente pensado para crianzas de ata 3 anos. A actividade está limitada a 50 familias (un adulto por cada menor).
Dentro do programa cultural do Concello de Cee e do programa de Normalización Lingüística “Primavera con Apego“, o sábado 22 de abril, Trompicallo presenta unha obra especialmente pensada para crianzas de 0 a 3 anos na que… “Había unha vez, que non había nada, só pedras. Entón chegou unha nube, choveu e formouse un manantial. Coa chegada da auga creceu a herba, e na herba as flores e as árbores, na auga naceros os peixes e as ras, despois chegaron os insectos, as ovellas, o lobo… en fin, a vida. Pero, que acontece cando un día a auga desaparece?”
O espectáculo presentado por Trompicallo, vellos coñecidos do teatro ceense, forma parte do programa “Primavera con Apego” no que se desenvolverán diferentes actividades para a socialización en galego na infancia. É froito da colaboración do Concello de Cee e da Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia.
Para conseguir a túa entrada, podes inscribirte no Servizo de Normalización Lingüística do concello (as prazas serán adxudicadas en rigoroso orde de inscrición e terán preferencia as crianzas empadroadas en Cee) ou ben comprala en taquillas, que se abrirá 45 minutos antes da hora prevista de comezo.
“O día que chegou unha nube e choveu” de Trompicallo
Idade: 0 a 3 anos
Data: sábado, 22 de abril
Horario: 18h
Espazo: Auditorio Baldomero Cores
Prezo: 2€ neno e 3€ adulto
Renovacións e novos ingresos na Escoliña
A Escola Infantil Municipal de Cee abre o prazo para as renovacións e os novos ingresos para o vindeiro curso 2017/2018.