Turismo

Cee é un concello de case 8.000 habitantes que se dispersa sobre unha extensión duns 57,45km2, a nosa orografía é bastante irregular e montes como os Sete Grises, Alto das Penas e Quenxe actúan de barreira contra os ventos. O Concello mira ao mar dende a propia vila até o Ézaro a través da ría, na praia de Estorde e na desembocadura do Río Castro en Lires.

Cee ofrece os servizos dunha gran cidade ca tranquilidade do rural sendo o centro neurálxico da Costa da Morte, aquí gozaras de todas as comodidades sen esquecer nunca que nos atopamos nun entorno privilexiado: hospital,cine, grandes superficies comerciais, estación de autobuses, un incrible patrimonio natural con espectaculares praias como Gures, Estorde e Lires, e un excelente patrimonio cultural onde destacan edificios como a Parroquia-Santuario Nosa Señora da Xunqueira ou Instituto Fernando Blanco, sen dúbida Cee é un destino que paga a pena coñecer.

Descubre Cee, no corazón da Costa da Morte

Festas